Volver

Pérez&Fernandez, Mofa e Befa, Fantoches Baj ou Emedous estrean as súas novas producións

Entre hoxe mércores e o domingo, varias compañías estrean as súas novas montaxes. Repasamos aquelas que teñen nos seus elencos aos nosos asociados e asociadas

Esta fin de semana, co festivo polo medio, varias son as compañías que estrean as súas novas producións teatrais para esta temporada. Fantoches Baj, Pérez&Fernández, Mofa e Befa ou Emedous presentan diante do público os seus novos espectáculos. Repasamos a continuación o calendario das compañías que contan cos nosos asociados e asociadas nos seus elencos.

'Cranios privilexiados', de Mofa e Befa.

Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira conta coa dirección de Carlos Santiago, a dirección de Arte de Natasha Lelenco, o espazo lumínico corre a cargo de Octavio Más e os textos orixinais son obra de Pepe Sendón e mais Carlos Santiago. Mofa e Befa sométense a un duro exercicio espiritual poñendo en cuestión a súa propia filosofía escénica: o perralleirismo, unha filosofía baseada no principio de que todo problema ten solución, e se non a ten, non queda outra que inventala. Nesta incursión destemida nos camiños da filosofía, todo son preguntas. Será que se pode atopar unha resposta perralleira ás grandes preguntas da humanidade? Son os cómicos seres pensantes ou só o parecen? Hai vida antes da morte? Para que serve un concepto nunha comedia? Que é mellor, saber ou non saber o que fai a veciña do lado polas noites?

ESTREA: Hoxe, mércores 11 ás 20.30 h no Auditorio Municipal de Ourense.(Dentro da programación do FITO)

VINDEIRAS FUNCIÓNS: Sábado 14 de outubro no Teatro da Beneficencia de Ortigueira // Xoves 19 de outubro no Auditorio Municipal de Vigo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

'Aguratrat', de Perez&Fernandez

Aguratrat! é unha adaptación teatral do libro Esio Trot de Roald Dah, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. É unha fermosa historia de amor e aventuras protagonizada por dous persoas maiores, o señor Hopy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartatura, un personaxe clave que dá título a esta obra protagonizada por Manu Fernández, Victoria Pérez e Xosé Leis.

ESTREA: Mañá, 12 de outubro, ás 18.30 horas no Fórum Metropolitano.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

'Os golfiños e de xigante', de Fantoches Baj

Os golfiños e o xigante está baseado no texto do mesmo nome da autoría de Inacio Vilariño e co que obtivo no 2016 o XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques infantil. É este un espectáculo de sombras chinesas que narra unha historia real coñecida por unha nova que se fixo eco a prensa internacional. O xigante Bao Xi Shun, considerado polo Record Guiness o home máis alto do planeta, conseguiu, grazas ó seu longuísimo brazo, salvar a uns golfiños dunha morte certa. A obra, protagonizada por Larraitz Urruzola Luchi Iglesias e Inacio Vilariño, estrease este domingo dentro da programación do XXII Festival Galicreques

ESTREA: Domingo, 15 de outubro, ás 12.30 horas no Edificio da SGAE de Santiago

----------------------------------------------------------

'Contacreques', de Eme2

Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 anos e os 7 anos. Baseado nos contos clásicos O Reiseñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos. Garavanciño: As peripecis dun minúsculo personaxe nun mundo de “xigantes”. O Resiseñor: Na remota China, O canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador. O Zapateiro e os trasnos: A maxia dun Zapatrasno que é quen de transformar a realidade. Nos transporta a un mundo con voces de contacontos e corpos de monicreques.

ESTREA: Este domingo, ás 19.00 horas, no Auditorio Municipal de Narón.