Volver

O FITO de Ourense celebra a súa décima edición coa participación de 13 compañías

O Festival Internacional de Teatro de Ourense, organizado por Sarabela Edición, celebrarase entre o 5 e o 15 de outubro cun total de 13 compañías procedentes de diferentes puntos de España, Arxentina e Portugal. O encontro Mulleres Creando chega a súa terceira edición e propón neste 2017 unha reflexión sobre xénero e cultura.

O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) desvelou onte o programa da súa décima edición, que do 5 ao 15 de outubro presentará en varios espazos da cidade as propostas de 13 compañías procedentes de diferentes puntos de España, Arxentina e Portugal, ademais das mesas redondas, cursos e espectáculos do III Encontro Mulleres Creando. Entre as montaxes, cómpre sinalar que Mofa e Befa estreará o 11 de outubro da súa nova produción: Cranio Privilexiados, protagonizada por Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo baixo a dirección de Carlos Santiago. Ademais, o FITO recibirá por primeira vez no estado producións como Mirá! Miró! Mirando!, da portuguesa Arteimaxen, e Ninguna mujer nace puta, da arxentina Sonia Sánchez, esta última dentro das actividades que Mulleres Creando desenvolverá do 13 ao 15 de outubro.

Na oferta internacional deste festival, organizado por Sarabela Teatro, destaca tamén a presenza de formacións da escena galega, como Matarile, que amosará o seu Circo de pulgas no Auditorio Municipal os días 7 e 8 de outubro; AveLina Pérez, que chega a ourense con Os cans non comprenden a Kandinsky o luns 9; Contraproducións, que ofrecerá Nacidas libres o venres 13 no Teatro Principal, e Voadora, que exhibirá o seu Calypso tamén no Teatro Principal o sábado 14. Por outra banda, Alda Aldaolado e Mónica de Nut actuarán no marco de Mulleres Creando, encontro que chega á súa terceira edición e que se dedica a analizar o papel feminino no teatro, a cultura e a sociedade. Desta volta, ofreceralle ao pública unha reflexión sobre xénero e cultura en diferentes ámbitos a través da ollada das 37 mulleres que participarán na súas seis mesas redondas.

A programación do FITO tamén inclúe no seu cartel compañías como Pepa Plana (Cataluña), El Rayo Misterioso (Arxentina), Tiritirantes (Castela e León), Yllana (Madrid), Chápito (Portugal), Teatro del Noctámbulo (Estremadura) e Inconstantes (Madrid).

PODES CONSULTAR A PROGRAMACIÓN COMPLETA NA WEB DO FITO