Volver

A AAAG e a Mostra de Ribadavia coorganizan un curso de formación co prestixioso director teatral Alfredo Sanzol

Unha trintena de profesionais do sector escénico galego asistirán a este obradoiro que se desenvolverá, coa inestimable colaboración da Fundación AISGE, a partir do vindeiro luns dentro da programación da MIT de Ribadavia

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) coorganizaxunto a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT Ribadavia) oobradoiro de formación profesional Actuar, Escribir e dirixir enescena, impartido polo prestixioso autor e director teatralAlfredo Sanzol, un dos grandes referentes do panorama escénico estatal e codirector -xunto a Andrés Lima- do anovador proxecto deTeatro de la Ciudad. Este obradoiro, que conta coa inestimable colaboración da Fundación AISGE, está destinado a actores,actrices, director e directoras teatrais e desenvolverase dentro daprogramación da trixésimo terceira edición da Mostra de Ribadavia, que arrinca mañá sábado a programación da súa 33ª edición.

Deste xeito, uns trinta profesionais galegos das artes escénicasentre intérpretes, autores e directores/as acudirán a este obradoiro cuxo obxectivo é a creación de historias e argumentos, empregando como ferramentas a interpretación, a improvisación e aposta en escena. A ollos do propio Sanzol, este curso tamén significa un “xeito de facer brillar todos os puntos en común que teñen as tres patas do teatro: actuar, escribir e dirixir”, como tamén a posibilidade de outorgarlles aos participantes “un espazo para o pracer de traballar coma noutros tempos”.

Este obradoiro entróncase dentro do programa de actividades e cursos formativos que organiza anualmente a Asociación de Actores eActrices de Galicia, asociación que reúne a máis de 300 profesionais da interpretación do noso país, para dar resposta a un dos seus principais obxectivos: o apoio á formación permanente do sintérpretes e a difusión das máis anovadoras técnicas de traballo.

O interese suscitado dentro da profesión por este curso impartidopor Alfredo Sanzol, organizado pola AAAG e a MIT en colaboración coa Fundación AISGE, quedou demostrado na velocidade en que se desenvolveu a inscrición, xa que en tan só dez minutos dende a apertura de prazo ficaran cubertas todas as prazas dispoñibles.

Alfredo Sanzol

Alfredo Sanzol é autor e director de teatro. Entre as súas producións máis destacadas atópanse LaTernura (2017, Teatro de la Ciudad e Teatro de la Abadía) La Respiración (2016, La zona e Teatro de la Abadía) Edipo Rey (2015Teatro de la Ciudad e Teatro de la Abadía), La Calma Mágica (2014, Tanttaka e Centro Dramático Nacional), Esperandoa Godot, (2013Centro Dramático Nacional), Aventura!. (2012 T de Teatre e Teatre Lliure), Delicadas (2009 T de Teatre e Festival Grec Premio Max Mellor Autor), La cabeza del Bautista (2009, Centro Dramático Nacional) Sí, pero no lo soy (2008 Centro Dramático Nacional), Risas y Destrucción (2007 Producciones del Callao) e Como los griegos(1999 RESAD e Producciones del Callao)

Ten impartido cursos e obradoiros en La Casa de América, La Casa Encendida, o Teatro Nacional de Bogotá, Matadero-Madrid, Sala Beckett, La Térmica, a Escuela Navarra de Teatro, a Sociedad General de Autores, o Festival de Teatro Clásico de Olite e no Centro Dramático Nacional.

Ademais de impartir este curso, durante a MIT Sanzol presentará o martes ás 23.00 horas no Auditorio do Castelo de Ribadavia o seu último traballo: La ternura.