Volver

A AAAG colabora con Centro Dramático Galego na organización de dous obradoiros de formación

O obradoiro 'A emoción no Corpo. Taller de Técnica Michael Chejov, impartido por David Luque, celebrarase entre o 17 e o 21 de xullo. Pola súa banda, 'A través do Aire, Taller Adestramento Físico, impartido por Daniel Abreu, terá lugar entre o 24 e o 28 de xullo. Ambos obradoiros custan 95 para os participantes xerais, mentres que o prezo para os nosos asociados e asociadas redúcese aos 60 euros.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) colabora en dous obradoiros formativos que o Centro Dramático Galego ofrecerá no mes de xullo. O primeiro deles títulase 'A emoción no corpo. Taller da Técnica Michael Chejov'. impartido por David Luque e celebrarase entre o 17 e 21 de xullo. O segundo obradoiro é 'Taller de Adestramento Físico, impartido por Daniel Abreu e terá lugar entre o 24 e o 28 de xullo. O prezo para asistir a cada un destes cursos é de 95 euros para os participantes en xeral, pero os asociados e as asociadas da AAAG recibirán un importante desconto, xa que a tarifa quédalles reducida a 60 euros.

O prazo de inscrición para ambos cursos comeza hoxe luns 15 de maio e remata o domingo 4 de xuño. Os solicitantes deberán enviar o seu currículo debidamente actualizado a centro.dramatico.galego@xunta.gal co nome do curso ao que optan descrito no asunto do mail.

A EMOCIÓN DO CORPO. TALLER DA TÉCNICA MICHAEL CHEJOV

DAVID LUQUE

Formado na Escola de Teatro Mar Navarro e Andrés Hernández na técnica de Jacques Lecoq, completa a súa formación coa licenciatura en Filoloxía Inglesa pola Universidad Autónoma de Madrid. Do 2000 ao 2008 entra a formar parte do elenco estable do Teatro de La Abadía. Cursa estudos de danza con Francesc Bravo, de acrobacia con Helena Lario, canto e música no Conservatorio de Música Maestro Barbieri e clarinete con Joan Espasa. No Teatro de La Abadía participa en numerosas montaxes da man de José Luis Gómez, Hansgünter Heyme, Dan Jemmett ou Hernán Gené. Entre os seus últimos traballos destacan O Público (Àlex Rigola), Oficina para as vidas post-idénticas (Matthias Rebstock), Platonov (Gerardo Vera), A colmena científica (Ernesto Caballero) ou As dúas bandoleiras (Carme Portacelli).

En cine traballou ás ordes de Carlos Saura, Milos Forman, Roberto Santiago ou Ángeles González Sinde. En televisión participou en series como El Ministerio del tiempo, Bandoleira e O síndrome de Ulises, entre outras. Máis recentemente, protagonizou o filme Teresa. Como tradutor ten publicados para Alba Editorial A preparación do director. Sete ensaios sobre teatro e arte de Anne Bogart e Leccións para o actor profesional de Michael Chejov.

INFORMACIÓN ÚTIL

Prazas

25 + ouvintes (prazas limitadas)

25 actrices/actores profesionais ou con formación actoral previa

Ouvintes: Estudantes ou profesionais de todos os ámbitos das Artes Escénicas (prazas limitadas)

Lugar e horario

Salón Teatro, Rúa Nova 34 15705 Santiago de Compostela

De 10.00 a 15.00 h

Total sesións e horas

5 sesións. Total 25 horas

Selección

Mediante CV

Prezos

95 € para participantes

60 € para participantes membros da AAAG / estudantes / desempregados

45 € para ouvintes

Prazo de recepción de solicitudes

Do luns 15 de maio ao domingo 4 de xuño

MÁIS INFORMACIÓN NESTA LIGAZÓN

TALLER ADESTRAMENTO FÍSICO

DANIEL ABREU

Bailarín e coreógrafo, é licenciado en Psicoloxía pola UNED. Recibe o Premio Nacional de Danza 2014 na categoría de creación. Dirixe a súa propia compañía fundada en 2004 en Madrid. Dende entón creou uns corenta traballos coreográficos presentados en festivais nacionais e internacionais, así como colaboracións con outros creadores e compañías. Imparte clases en teatros, festivais e centros de formación en Europa, Asia e América, enfocando o corpo non só dende a técnica senón tamén dende a expresividade e o psicolóxico.

INFORMACIÓN ÚTIL

*Este taller ten contidos maioritariamente físicos.

Prazas

25 + ouvintes (prazas limitadas)

25 actrices/actores profesionais ou con formación actoral previa

Ouvintes: Estudantes ou profesionais de todos os ámbitos das Artes Escénicas (prazas limitadas)

Lugar e horario

Salón Teatro, Rúa Nova 34 15705 Santiago de Compostela

De 10.00 a 14.00 h

Total sesións e horas

5 sesións. Total 20 horas

Selección

Mediante CV

Os solicitantes deberán enviar o seu curriculum debidamente actualizado a centro.dramatico.galego@xunta.gal co asunto Taller CDG de Adestramento físico.

Prezos

95 € para participantes

60 € para participantes membros da AAAG / estudantes / desempregados

45 € para ouvintes

MÁIS INFORMACIÓN NESTA LIGAZÓN