Volver

A gala dos XXI María Casares retransmitirase en directo por streaming a través da páxina web da TVG

Hoxe mércores 29 de marzo a partir das 20.50 horas poderedes ver a gala dos XXI Premios de Teatro María Casares dende a páxina web da CRTVG. Poderás seguila por esta ligazón, que entrará en funcionamento ás 20.50 horas.

Hoxe mércores 29 de marzo a partir das 20.50 horas poderedes ver a gala dos XXI Premios de Teatro María Casares dende a páxina web da CRTVG. Poderás seguila por esta ligazón, que entrará en funcionamento ás 20.50 horas.

A Gala estará dirixida e presentada por Pepo Suevos, quen estará acompañado polos actores e as actrices Alberto Rolán, Roberto Leal, Patricia Torres, Silvana Sestelo, Marta Lado e Josito Porto. Eduardo Alonso recibirá o Premio de Honra Marisa Soto e Imma António lerá o Manifesto Galego do Dia Mundial do Teatro.

Un total de 13 espectáculos son finalistas nos XXI Premios de Teatro María Casares. O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo, aspira a 11 galardóns; Eroski Paraíso, de Chévere, opta a 8 premios María Casares, e Raclette, de Ibuprofeno Teatro, compite por 5 galardóns. Estas tres montaxes disputaranse os premios ao mellor espectáculo e mellor dirección.

Pola súa banda, Voaxa e Carmín, de ButacaZero e Eme2, aspira a 5 premios María Casares. Foucellas, de Talía Teatro, compite en tres categorías. A nena que quería navegar, de Redrum Teatro, e Os amores de Jacques o fatalista, de Producións Teatráis Excéntricas, aspiran a 2 María Casares. Os espectáculos Xurdefet, de Berrombambán; Danza da Choiva, de Elefante Elegante; Pavillón Lino, de Caramuxo Teatro; Os Rockenstein, de Malasombra Producións; Tartufo, do Centro Dramático Galego, e Get Back, de Eme2, aspiran a un galardón.