A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os/as nomeados/as aos XXI Premios María Casares, a gran festa do teatro cuxa gala se celebrará o próximo 29 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os espectáculos finalistas nas catorce categorías coas que contan os Premios déronse a coñecer na Festa dos Nomeados/as, deste 2017. O Salón Teatro de Santiago acolleu esta tarde o acto, presentado pola actriz e vogal da entidade Nieves Rodríguez, ao que acudiron a maior parte dos/as profesionais finalistas deste 2017. Rodríguez, na súa presentación, destacou que durante a inscrición aos premios un total de 44 espectáculos e ao redor de 400 profesionais, presentaron as súas candidaturas, sendo as cifras rexistradas máis altas ao longo da historia dos María Casares.
En total de 13 espectáculos acadaron algunha nomeación nos catorce apartados nos que se dividen os María Casares: maquillaxe, vestiario, iluminación, música orixinal, adaptación-tradución, texto orixinal, escenografía, actriz secundaria, actor secundario, actriz protagonista, actor protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil.
O tolleito de Inishmann, coprodución de Contraproducións e o FIOT Carballo, converteuse neste 2017 na produción con maior número de finalistas ao obter un total de 11 nomeacións. Pola súa banda, Eroski Paraíso, de Chévere, aspira a 8 galardóns. Raclette, de Ibuprofeno Teatro, opta a 5 premios. Estas tres producións teatrais disputaranse os apartados á mellor espectáculo e dirección.
Voaxa e Carmín, de ButacaZero, tamén aspira a levar 5 xerras María Casares, mentres que Foucellas, de Talía Teatro, competirá en 3 categorías.
Os espectáculos A nena que quería navegar, de Redrum Teatro, e Os amores de Jacques o fatalista, de Producións Teatráis Excéntricas, optan a 2 xerras María Casares.
Finalmente, optando a 1 galardón atópanse Xurdefet (Jour de Fête), de Berrobambán; Pavillón Lino, de Caramuxo Teatro; Tartufo, do Centro Dramático Galego; Get Back, de Eme2 Producións; Danza da Choiva, de Elefante Elegante, e Os Rockenstein, de Malasombra Producións.
Cada espectáculo aspira aos premio nas seguintes categorías (entre parénteses, número de premios ao que optan):
1. O tolleito de Inishmaan (11): espectáculo, dirección (Cándido Pazó), actor protagonista (Santi Romay), actriz secundaria (por partida dupla: Susana Dans e María Roja), actor secundario (Evaristo Calvo), adaptación/tradución, escenografía, maquillaxe, vestiario e iluminación.
2. Eroski Paraíso (8): espectáculo, dirección (Xesús Ron), actriz protagonista (Patricia de Lorenzo), actor protagonista (Miguel de Lira), actriz secundaria (Cristina Iglesias), texto orixinal, iluminación e música orixinal.
3. Raclette (5): espectáculo, dirección (Santiago Cortegoso), actor secundario (por partida dupla: Toni Salgado e Salvador del Río) e texto orixinal.
4. Voaxa e Carmín (5): actriz protagonista (por partida dupla: Mabel Rivera e Belén Constenla), texto orixinal, maquillaxe e vestiario.
5. Foucellas (3): escenografía, iluminación e música orixinal.
6. A nena que quería navegar (2): espectáculo infantil e vestiario.
7. Os amores de Jaques o fatalista (2): adaptación/tradución e música orixinal.
8. Tartufo (1): actor protagonista (César Cambeiro).
9. Xurdefet (Jour de Fête) (1): adaptación/tradución.
10. Pavillón Lino (1): espectáculo infantil.
11. Get back (1): escenografía.
12. Danza da choiva (1): espectáculo infantil.
13. Os Rockenstein (1): maquillaxe
Na Festa dos Nomeados participaron, ademais, os e as representantes dalgunhas das diferentes institucións que colaboran na organización dos premios: A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic-Consellería de Cutura, Educación e Ordenación Universitaria-Xunta de Galicia), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Fundación AISGE e a Fundación SGAE. Deste xeito, entregáronlles aos nomeados e nomeadas diplomas e as xerriñas María Casares Jacobo Sutil, director da Agadic; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Yolanda Pereira, coordinadora da Delegación AISGE (Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión), e Patricia Blanco, en representación da Fundación SGAE. Pola súa banda, o presidente da AAAG, Ernesto Chao, encargouse de dar un discurso para destacar a participación deste ano e a calidade dos espectáculos.
Podes descargar a nota de prensa aquí e a lista por categorías aquí
FINALISTAS XXI PREMIOS MARÍA CASARES 2017
MELLOR MAQUILLAXE | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Martina Cambeiro | O tolleito de Inishmaan | Contraproducións SL /FIOT Carballo |
Trini F. Silva | Os Rockenstein | Malasombra Producións |
Trini F. Silva | Voaxa e Carmín | ButacaZero |
MELLOR VESTIARIO | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Carlos Alonso / Belén Pichel | O tolleito de Inishmaan | Contraproducións SL /FIOT Carballo |
Diego Valeiras | A nena que quería navegar | Redrum Teatro |
Mari Seoane | Voaxa e Carmín | ButacaZero |
MELLOR ESCENOGRAFÍA | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Carlos Alonso | O tolleito de Inishmaan | Contraproducións SL /FIOT Carballo |
Dani Trillo | Foucellas | Talía Teatro |
Suso Montero | Get Back | Eme2 Producións |
MELLOR ILUMINACIÓN | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Afonso Castro | Foucellas | Talía Teatro |
Afonso Castro | O tolleito de Inishmaan | Contraproducións SL /FIOT Carballo |
Fidel Vázquez | Eroski Paraíso | Chévere |
MELLOR MÚSICA ORIXINAL | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Manuel Riveiro | Foucellas | Talía Teatro |
Piti Sanz | Os amores de Jacques o fatalista | Producións Teatráis Excéntricas |
Terbutalina | Eroski Paraíso | Chévere |
MELLOR ADAPTACIÓN/TRADUCIÓN | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Cándido Pazó, Santi Romay e Alberto Rodríguez | O tolleito de Inishmaan | Contraproducións SL /FIOT Carballo |
Paula Carballeira | Xurdefet (Jour de Fête) | Berrobambán |
Quico Cadaval | Os amores de Jacques o fatalista | Producións Teatráis Excéntricas |
MELLOR TEXTO ORIXINAL | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Esther F. Carrodeguas | Voaxa e Carmín | ButacaZero |
Manuel Cortés | Eroski Paraíso | Chévere |
Santiago Cortegoso | Raclette | Ibuprofeno Teatro |
MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Cristina Iglesias | Eroski Paraíso | Chévere |
María Roja | O tolleito de Inishmaan | Contraproducións SL /FIOT Carballo |
Susana Dans | O tolleito de Inishmaan | Contraproducións SL /FIOT Carballo |
MELLOR ACTOR SECUNDARIO | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Evaristo Calvo | O tolleito de Inishmaan | Contraproducións SL /FIOT Carballo |
Salvador del Río | Raclette | Ibuprofeno Teatro |
Toni Salgado | Raclette | Ibuprofeno Teatro |
MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Belén Constenla | Voaxa e Carmín | ButacaZero |
Mabel Rivera | Voaxa e Carmín | ButacaZero |
Patricia de Lorenzo | Eroski Paraíso | Chévere |
MELLOR ACTOR PROTAGONISTA | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
César Cambeiro | Tartufo | Centro Dramático Galego |
Miguel de Lira | Eroski Paraíso | Chévere |
Santi Romay | O tolleito de Inishmaan | Contraproducións SL /FIOT Carballo |
MELLOR DIRECCIÓN | ||
candidat@ | Espectáculo | compañía |
Cándido Pazó | O tolleito de Inishmaan | Contraproducións SL /FIOT Carballo |
Santiago Cortegoso | Raclette | Ibuprofeno Teatro |
Xron | Eroski Paraíso | Chévere |
MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL | ||
candidat@ | compañía | |
A nena que quería navegar | Redrum Teatro | |
Danza da Choiva | Elefante Elegante | |
Pavillón Lino | Caramuxo Teatro | |
MELLOR ESPECTÁCULO | ||
candidat@ | Compañía | |
Eroski Paraíso | Chévere | |
O tolleito de Inishmaan | Contraproducións SL /FIOT Carballo | |
Raclette | Ibuprofeno Teatro |