Volver

María Casares en Cineuropa

O próximo 22 de novembro, cúmplense vinte anos do falecemento de María Casares. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e Cineuropa celebran un ciclo especial: Vinte anos sen María Casares.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e o Festival Cineuropa organizan un ciclo homenaxe a María Casares co motivo do vixésimo aniversario do seu falecemento. Velaí o programa:

VINTE ANOS SEN MARÍA CASARES

MARTES, 22 DE NOVEMBRO.

Salón Teatro.

16:00 Entrevista María Casares do programa A FONDO, de TVE. Coa colaboración de RTVE

17:15 Proxección película O testamento de Orfeo, de Jean Concteau.

19.00 COLOQUIO 'VINTE ANOS SEN MARÍA CASARES'

Participan:

Mabel Rivera, vicepresidenta da AAAG

María Lopo, investigadora e biógrafa de María Casares

Sabela Hermida, actriz e investigadora na figura de María Casares

José Luis Castro de Paz, profesor de USC e historiador do Cine.

MÉRCORES, 23 DE NOVEMBRO

16:45. Proxección película Les enfants du Paradis, de Marcel Carné.

Todas as sesións son de balde.