Volver

Convocan o X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

O certame mantén aberto o prazo de envío de orixinais até o 18 de decembro. Establécense dous galardóns, o Premio do Xurado e o Premio da Audiencia, dotados cada un deles con 3.000 euros

A Radio Galega convoca, coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, o X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, galardón que está dotado con 6.000 euros e cuxo obxectivo é reactivar a radio como soporte artístico para explorar cos materiais e as premisas da creación contemporánea. O prazo para presentar orixinais remata o vindeiro 18 de marzo, as obras finalistas emitiranse na programación da Radio Galega e serán publicadas nun libro-disco.

A Radio Galega, a través do programa Diario Cultural e coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza a décima edición dun premio que pretende fomentar a escrita de

textos dramáticos para a radio e contribuír á recuperación do formato do teatro radiofónico. Non se trata tanto de recuperar as fórmulas convencionais do radioteatro como de estimular a creación de pezas dramáticas contemporáneas e facilitar unha plataforma de creación aberta ás novas linguaxes artísticas na radio. As obras seleccionadas polo xurado, emitiranse na Radio Galega e editarase nun libro-CD. Outorgaranse os Premios do Xurado e da Audiencia, dotados cada un deles con 3.000 euros.

BASES

As bases, que se recollen tamén nas páxinas webs de crtvg.es e cultura.gal, estipulan que poderán participar todos os escritoras e escritoras que o desexen, sempre e cando non manteñan relación laboral coa CRTVG. Os traballos presentados, ademais, deberán ser orixinais e inéditos, presentarse en lingua galega. Os orixinais deberán adoptar o formato de guión radiofónico dramático e a duración deberá estar calculada para dez minutos como máximo. Por outra banda, as historias deberán contar con cinco personaxes como máximo.

Non se aceptarán máis de dous guións por autor e o modo de presentar os orixinais é o seguinte: Os/as autores/as concursarán polo sistema de plica. En sobre pechado, deberán facer constar o seu nome, apelidos, DNI, enderezo postar e número de teléfono. Os traballos faranse chegar por correo ao seguinte enderezo:

RADIO GALEGA, DIARIO CULTURAL

X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

San MArcos, 15820. Santiago de Compostela.

O prazo de admisión está xa aberto e finaliza o vindeiro 18 de decembro de 2016.

BASES COMPLETAS

LIBRO-CD da novena edición

A partir de hoxe, a Libraría Institucional da Xunta de Galicia incorpora a publicación coas obras finalistas da novena edición do certame. Trátase dos textos “Evasión”, de Clara Gayo, premio do xurado; “Non teño espello no baño”, de Avelina Pérez, premio da audiencia; e das obras finalistas “Hai un punto que me doe”, de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, e “Asalto ao rexional das 11”, de Daniel García Níñez. Con adaptación radiofónica de Tito Asorey, as obras foron interpretadas por Melania Cruz, por Fernando González, por Antonio Durán ‘Morris’, por Mela Casal e mais por Covadonga Berdiñas, coa realización técnica e deseño sonoro de Chus Silva.

A través de https://libraria.xunta.gal/, o público interesado poderá acceder á publicación a través dunha versión en liña ou adquirir a obra impresa impresa de xeito gratuíto, co pago unicamente dos portes do envío postal.

Dezaoito autores e autoras premiados e máis de 100 profesionais entre directores e directoras, actores e actrices, técnicos e profesionais da edición e da produción participaron desde o ano 2006 nesta iniciativa, que procura dar un novo pulo cun enfoque contemporáneo a un xénero cunha longa tradición na historia da radiodifusión.