Volver

Axenda teatral do 20 ao 23 de outubro

Redrum estrea en Ourense 'A nena que quería navegar' e Ghazafelhos estrea en Narón 'Rubicundo'. Ademais, esta fin de semana: Raclette, Palabras Malditas, O tolleito de Inishmaan...

_____________________________

Redrum estrea 'A nena que quería navegar'

Este domingo, 23 de outubro, Redrum Teatro estrea ás 12.00 horas no Auditorio de Ourense A nena que quería navegar. Protagonizada por Guillermo Carbajo, Laura Míguez e Carlos Álvarez-Ossorio, a montaxe dirixida por Álex Sampayo é un espectaculo familiar recomendado para rapaces e rapazas entre seis e doce anos. Nel tratamos o tema do acoso escolar, tamén coñecido co termo anglosaxón “bullying”.

DATA: Domingo 23 de outubro

LUGAR: Auditorio Municipal de Ourense

HORA: 12.00 horas

_____________________________

Ghazafelhos estrea 'Rubicundo' en Narón

Ghazafelhos estrea este domingo, 23 de outubro, no Auditorio de Narón a súa montaxe Rubicundo. Tratáse dunha adaptación de Pepablo Patiño do conto Rubicundo de María Canosa, finalista do Premio Merlín de 2014. Dirixido a nenas e nenos de 5 anos en diante e ás súas familias, Rubicundo é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactuan con obxectos,

DATA: Domingo 23 de outubro

LUGAR: Auditorio de Narón

HORA: 18.00 horas

_____________________________

'Palabras malditas' en Pontevedra

Teatro do Noroeste regresa a Galicia montaxe Palabras malditas tras o seu paso polo Teatro Español de Madrid. Este xoves, 20 de outubro, ás 21.30 horas chega ao Teatro Principal de Pontevedra. A obra está protagonizada por Manuela Varela, Miguel Ínsua e Luma Gómez. Dirixe Eduardo Alonso.

DATA: Xoves, 20 de outubro

LUGAR: Teatro Principal de Pontevedra

HORA: 21.00 horas

_____________________________

'O tolleito de Inishmaan' no Barco e Muros

O tolleito de Inishmann, tras a súa estrea no FIOT de Carballo, inicia a súa xira por Galicia. A montaxe, dirixida por Cándido Pazó e producida por Contraproducións, chega este venres 21 de outubro ás 21.00 horas ao Teatro Laura Olmo do Barco de Valdeorras e o sábado 22 ás 21.30 horas ao Centro Cultural de Muros. A obra está protagonizada por Susana Dans, Ana Santos, Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja, Marcos Pereiro, Luís Iglesia e Ricardo de Barreiro.

FUNCIÓN Venres, 21 de outubro

LUGAR: Teatro Laura Olmo do Barco

HORA: 21:00 horas

FUNCIÓN Sábado, 22 de outubro

LUGAR: Centro Cultural de Muros

HORA:21:30 horas

_____________________________

'Raclette' en Viveiro

Ibuprofeno Teatro leva Raclette ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro este sábado 22 de outubro. A obra, cuxa función comeza ás 20.30 horas, está protagonizada por Iria Sobrado, Marián Bañobre, Salvador del Río, Déborah Vukušić e Toni Salgado. O texto de Santiago Cortegoso, resultou premiado en 2014 co Álvaro Cunqueiro. A obra reune a cinco personaxes ao redor da raclette, un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suizos. Durante unha cea, entrelázanse dúas historia paralelas que envolven a estas cinco persoas que conforman un complexo mosaico urbano e contemporánea

DATA: Sábado, 22 de outubro

LUGAR: Teatro Pastor Díaz de Viveiro

HORA: 20.30 horas

_____________________________

'O xigante' de Elefante Elegante na Sala Gurugú

Compañía do Elefante Elegante presenta un espectáculo de pequeno formato destinado ao público infantil entre os 3 e os 8 anos. A narración oral é acompañada polo teatro xestual e pola constante presenza da música. O Xigante é unha historia na que conviven o cómico e o poético; a forza da palabra e a elocuencia do xesto e que nace a partir do conto de Oscar Wilde. A función será na Sala Gurugú da Coruña ás 18.30 horas deste sábado 22.

DATA: Sábado, 22 de outubro

LUGAR: Sala Gurugú da Coruña

HORA: 18.30 horas

_____________________________

'Tartufo' inicia a súa xira por Galicia

Tartufo, a última produción do Centro Dramático Galego, inicia esta fin de semana a súa xira por Galicia. A obra, dirixida por Carles Alfaro sobre o histórico texto de Molière, chegará ao Auditorio Municipa de Tui este venres ás 21.30 horas. A montaxe está protagonizada por Alejandro Sá, César Cambeiro, Antela Cid, Mónica García, Marta Lado, Rebeca Montero, Roberto Leal, Casilda Alfaro, Xoán Fórneas e Patrcia Torres.

DATA: Venres, 21 de outubro

LUGAR: Auditorio Municipal de Tui

HORA: 21:30 horas

_____________________________

'Goldi libre' en Teo

Goldi libre é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión, un dos primeiros e máis fortes movementos de desobediencia civil xurdidos despois da Transición en España.Un traballo feito a partir da memoria, a experiencia persoal e o testemuño de César Goldi, actor que en 1993 foi xulgado e condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria, cumprindo a condena no cárcere da Coruña. Dende unha perspectiva autocrítica, distanciada e irreverente, a obra ofrece ademais unha panorámica desenfadada do activismo social e político da esquerda dos anos 80 e 90 do século XX, cuestionando algúns dos mitos da loita antimilitarista.

DATA: Xoves 20 e Venres 21

LUGAR: Auditorio Constante Liste da Ramallosa

HORA: 21:00 horas

_____________________________

'BU21' en Vigo

Avento Producións estreou a semana pasada en Vigo o seu espectáculo BU21, de Stuart Slade. A montaxe, protagonizada por Fernanda Barrio, Fran Peleteiro, martin Maez, Rocío Salgado, Andrea Dinia e Machi Salgado, represéntase ao longo das próximas catro semanas na Sala Artika de Vigo (C/Beiramar, 113). A sinopse da obra: 22 de xullo do 2017. Unha fermosa mañá de sol en Londres. Os avións deixan o rastro tras deles cruzando o ceo despexado. Unha forte luz repentina e, para miles de persoas na capital inglesa, a vida cambia para sempre. BU21 está baseada en testemuñas reais recollidas de diversos incidentes terroristas, entre eles as bombas do 7 de Xullo en Londres, o 11/9, os ataques en París etc. A peza fai un seguimento de seis persoas novas tras un ficticio ataque terrorista no centro de Londres. Por momentos terrible, inspiradora, brutal, conmovedora e hilarante.
HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA

DATA: Venres 21, sábado 22, domingo 23.

LUGAR: Sala Artika de Vigo.

HORA: 21:30 (venres e sábado). 20.00 (domingo)