Volver

Nova xunta directiva da AAAG

Etiquetas:

O pasado domingo 11 de setembro, a Asemblea da AAAG elixiu unha nova xunta directiva. Estará encabezada como presidente por Ernesto Chao. Na Vicepresidencia contaremos con Mabel Rivera, e Iria Sobrado asumirá a Secretaría.

Ernesto Chao é o novo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Así o decidiu a Asemblea da entidade, celebrada onte domingo en Santiago. Pola súa banda, Mabel Rivera repite como vicepresidenta da entidade e Iria Sobrado mantense na secretaría. A Xunta Directiva complétase con Nieves Rodríguez, Laura Míguez, Diego Freire, Santi Romay, Machi Salgado, Martín Máez, Toni Salgado, Xavier Estévez, Marta Lado e Lucía Sá como vogais.

Ernesto Chao, un dos fundadores que en 1985 puxeron en marcha a AAAG, sucede deste xeito a Vicente Mohedano na presidencia dunha Asociación que abre esta nova etapa encabezada por un grupo directivo que mestura caras novas e membros da xunta saínte.