Volver

Encontro con Sara Mora: O Novo Convenio do Audiovisual

O próximo 18 de maio ás 18.00 horas, na sede da AAAG (Edificio SGAE, Rúa Salvada, 2A. Santiago) celebraremos un encontro coa avogada e asesora laboral da Asociación, Sara Mora. Será unha sesión na que se nos achegará información ao respecto do novo Convenio do Audiovisual.

Tentaremos aproveitar a presenza de Sara para abordar as nosas dúbidas en materia laboral e coñecer mellor a nosa profesión. Saberemos das novidades que incorpora o III Convenio do Audiovisual e falaremos dos incumprimentos habituais e dos mecanismos de protección e denuncia ao noso alcance.

O novo Convenio do Audiovisual entrará en vigor proximamente, á espera da súa xa inminente publicación no BOE. Pretendemos con este acto dar inicio a unha necesaria campaña de respecto aos nosos pactos laborais.