Volver

Lembranza a María Casares no CGAI

A sesión homenaxe celebrarase este martes 29 de marzo ás 19.30 horas e consistirá na proxección da película 'Les enfants du pradise' e un coloquio entre a investigadora Sabela Hermida e o historiador de cine José Luis Castro de Paz.

Dentro das actividades que a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) desenvolverá nas próximas semanas para difundir a figura de María Casares, o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) acollerá este martes 29 de marzo -día antes da gala dos María Casares- unha sesión homenaxe á actriz, consistente nun coloquio presentado pola vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera, moderado polo escritor e xornalista Alberto Ramos e no que participarán o historiador de cine José Luis Castro de Paz e a investigadora Sabela Hermida. Tras a mesa redonda, proxectarase o clásico Lesenfants du paradise, dirixida por Marcel Carné e protagonizada pola actriz María Casares. A sesión comeza ás 19.30 horas e será de balde.