Volver

Un total de 14 espectáculos convértense en finalistas dos XX Premios de Teatro María Casares

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os nomes dos/as nomeados/as aos XX Premios María Casares, a gran festa do teatro cuxa gala se celebrará o próximo 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os espectáculos finalistas nas catorce categorías coas que contan os Premios déronse a coñecer na Festa dos Nomeados, deste 2016, ano no que os galardóns organizados pola AAAG chegan á súa vixésima edición. O Salón Teatro de Santiago acolleu esta tarde o acto, presentado pola actriz e vogal da entidade Nieves Rodríguez, ao que acudiron a maior parte dos/as profesionais nomeados/as deste 2016, ano no que se realiza por vez primeira o proceso de votación de forma dixital a través da páxina web da AAAG. Rodríguez, ademais, subliñou que durante a inscrición aos premios, “un total de 38 espectáculos e máis de 300 profesionais” presentaron as súas candidaturas.

En total de 14 espectáculos acadaron algunha nomeación nos catorce apartados nos que se dividen os María Casares: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación-tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección, mellor espectáculo e ao mellor espectáculo infantil.

O principio de Arquímedes, de Teatro do Atlántico, convértese neste 2015 na produción con maior número de finalistas, ao obter un total de 8 nomeacións. Pola súa banda, Ensaio sobre a cegueira, de Sarabela Teatro, aspira a 7 galardóns e Presidente, de Teatro do Morcego, acada 5 nomeacións. Ademais, estas tres montaxes disputaranse o premio ao mellor espectáculo.

Xardín suspenso, do Centro Dramático Galego, e Manawee, de Matrioshka Teatro, acadaron ambas as dúas 4 nomeacións, mentres que Noiteboa, de Redrum Teatro, e Panamericana, de A Panadería, optan a 3 galardóns.

Pola súa parte, Calypso, de Voadora; O Furancho, de Ibuprofeno Teatro, e Unha poucas picadelas, de Teatro de Ningures, acadaron 2 nomeacións cada unha delas. Finalmente, cunha nomeación atópanse 30 e tantos ósos (Aporía Escénica), Feo! (Caramuxo Teatro), O Crédito (Eme2 Producións) e Jim e Illa do Tesouro (Eme2 Producións)

Cada espectáculo aspira aos premio nas seguintes categorías (entre parénteses, número de nomeacións):

1. O Principio de Arquímedes (8): espectáculo, dirección, actor protagonista, actor secundario, adaptación-tradución, escenografía, iluminación e música orixinal.

2. Ensaio sobre a cegueira (7): espectáculo, actriz protagonista, actor secundario, adaptación-tradución, escenografía, iluminación e maquillaxe.

3. Presidente (5): Espectáculo, dirección, actor secundario, actriz secundaria, texto orixinal.

4. Xardín Suspenso(4): actriz protagonista, escenografía, iluminación, música orixinal.

5. Manawee (4): espectáculo infantil, actriz secundaria, maquillaxe, música orixinal.

6. Noiteboa (3): dirección, actriz protagonista e texto orixinal.

7. Panamericana (3): actriz secundaria, texto orixinal e vestiario

8. Calypso (2): maquillaxe e vestiario

9. Unhas poucas picadelas (2): actor protagonista e adaptación-tradución

10. O furancho (2): texto orixinal e vestiario

11. Jim e illa do tesouro (1): Espectáculo infantil

12. O Crédito (1): actor protagonista

13. Feo! (1): espectáculo infantil

14. 30 e tanto ósos (1): Texto orixinal

Durante a súa intervención, a vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera, destacou a calidade das obras desta edición, ademais de sinalar que este ano celébranse vinte anos de gala e o vinte cabodano da actriz María Casares. Empregando palabras da actriz que dá nome os premios, Rivera sinalou que “o teatro é a patria que escollemos todos e todas os que formamos esta profesión, unha patria que compartimos co público e coa sociedade”. Finalmente, Rivera subliñou que esta Festa dos Nomeados/as celébrase por vez primeira no Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego. Aproveitando a ocasión e que a institución conta cunha nova dirección, Rivera ofreceu a AAAG para traballar por un CDG ao que lle convén unha serie de “reformas”.

NOMEADOS/AS XXPREMIOS MARÍA CASARES

Mellor Maquillaxe

candidat@

Espectáculo

compañía

Fany Bello

Calypso

Voadora

Raquel Fidalgo

Ensaio sobre a cegueira

Sarabela Teatro

Trini F. Silva

Manawee

Matrioshka Teatro

Mellor Vestiario

candidat@

Espectáculo

compañía

Fany Bello

Calypso

Voadora

Marián Bañobre

O Furancho

Ibuprofeno Teatro

Uxía P. Vaello

Panamericana

A Panadaría

Mellor Escenografía

candidat@

Espectáculo

compañía

Baltasar Patiño

O Principio de Arquímedes

Teatro do Atlántico

Carlos Alonso

Xardín suspenso

Centro Dramático Galego

Suso Montero

Ensaio sobre a cegueira

Sarabela Teatro

Mellor Iluminación

candidat@

Espectáculo

compañía

Afonso Castro

Xardín suspenso

Centro Dramático Galego

Baltasar Patiño

Ensaio sobre a cegueira

Sarabela Teatro

Baltasar Patiño/Xúlio Lago

O Principio de Arquímedes

Teatro do Atlántico

Mellor Música Orixinal

candidat@

Espectáculo

compañía

Anxo Graña

O Principio de Arquímedes

Teatro do Atlántico

Manuel Riveiro

Xardín suspenso

Centro Dramático Galego

Mónica de Nut, Vadim Yukhnevich e Javi Bermejo

Manawee

Matrioshka Teatro

Mellor Adaptación/Tradución

candidat@

Espectáculo

compañía

Afonso Becerra

O Principio de Arquímedes

Teatro do Atlántico

Ánxeles Cuña Bóveda

Ensaio sobre a cegueira

Sarabela Teatro

Xosé Manuel Pazos

Unhas Poucas Picadelas

Teatro de Ningures

Mellor Texto Orixinal

candidat@

Espectáculo

compañía

Alex Sampayo e Borja F. Caamaño

Noiteboa

Redrum Teatro

Areta Bolado

Panamericana

A Panadaría

Diana Mera, Merche Pérez, Teté García

30 e tantos ósos

Aporía Escénica

Jose Prieto

Presidente

Teatro do Morcego

Santiago Cortegoso

O Furancho

Ibuprofeno Teatro

Mellor Actriz Secundaria

candidat@

Espectáculo

compañía

Anabell Gago

Manawee

Matrioshka Teatro

Areta Bolado

Panamericana

A Panadaría

Iolanda Muíños

Presidente

Teatro do Morcego

Mellor Actor Secundario

candidat@

Espectáculo

compañía

Alberto Rolán

O Principio de Arquímedes

Teatro do Atlántico

César Goldi

Presidente

Teatro do Morcego

Josito Porto

Ensaio sobre a cegueira

Sarabela Teatro

Mellor Actriz Protagonista

candidat@

Espectáculo

compañía

Fina Calleja

Ensaio sobre a cegueira

Sarabela Teatro

Mela Casal

Noiteboa

Redrum Teatro

Melania Cruz

Xardín suspenso

Centro Dramático Galego

Mellor Actor Protagonista

candidat@

Espectáculo

compañía

Antonio Durán "Morris"

O Crédito

eme2 producións

Machi Salgado

Unhas Poucas Picadelas

Teatro de Ningures

Toni Salgado

O Principio de Arquímedes

Teatro do Atlántico

Mellor Dirección

candidat@

Espectáculo

compañía

Alex Sampayo

Noiteboa

Redrum Teatro

Jose Prieto

Presidente

Teatro do Morcego

Xúlio Lago

O Principio de Arquímedes

Teatro do Atlántico

Mellor Espectáculo Infantil

candidat@

compañía

Feo!

Caramuxo Teatro

Jim e a illa do tesouro

eme2 producións

Manawee

Matrioshka Teatro

Mellor Espectáculo

candidat@

compañía

Ensaio sobre a cegueira

Sarabela Teatro

O Principio de Arquímedes

Teatro do Atlántico

Presidente

Teatro do Morcego