Volver

Taller de Movemento con Rut Balbís

Coa colaboración de AISGE, a AAAG convoca este obradoiro dirixido a actores e actrices que desexen profundar no traballo de corpo e movemento, ademais de buscar un ollar diferente na creación contemporánea

.O obradoiro ten como principais focos de traballo a consciencia corporal e activación sensorial, a busca dos límites corporais e do movemento dentro do concepto risco, as imaxes escénicas como expresións metafóricas e os tempos lentos como dilatación do espazo.

As sesións partirán dunha exploración persoal das posibilidades corporais por medio do traballo de chan, do contacto e tamén de partes coreográficas, para pasar a unha segunda parte de procura de calidades de movemento e construción de pequenas composicións escénicas.

Datas e duración:

O obradoiro ten unha duración de 16 horas, repartidos en 4 sesións en 3 días:

6 de decembro de 16:00h-20:00h; 7 de decembro de 10:00h.-14:00h e de 16:00h.-20:00h; 8 de decembro de 10:00h-14:00h.

Lugar:

Local de Asociación Gallaecia in Armis en Santiago de Compostela. Av. de Lugo, 199,15703 Santiago de Compostela https://goo.gl/maps/EvUXBPiKto22

Prezo:

60 euros socixs da AAAG e/ou AISGE. 90 euros non socixs

Prazas e selección de candidatos:

Este obradoiro ten 10 prazas. A selección realizarase por currículo.

Inscrición:

Do 20 ao 30 de novembro, á 15h. enviando este formulario de inscrición debidamente cuberto, xuntando curriculum vitae á caixa de correo info@aaag.es ou a través do formulario ao pé deste texto

A docente

Preséntase Rut Balbís (Ourense, 1979) como emerxente creadora da escena contemporánea nacional. Vén desenvolvendo a súa traxectoria profesional á fronte da súa propia formación, Pisando Ovos, creada en 2005 xunto a David Loira, e dirixida por ela en solitario na actualidade.