Será na sala Vermella do Auditorio de Ourense baixo a dirección de Tito Asorey e a interpretación de Melania Cruz e Alfonso Míguez. O chapeu do indixente dálle voz a unha muller que se atopa a un paso do asasinato dun indixente, co único obxectivo de se vingar de quen fora o seu amante. O monólogo interior da muller faise carne a través do xesto da palabra, xerando deste xeito unha atmosfera de gran crueza e extrema sensibilidade.
O autor
Julio Fernández Peláez, 1963. Dramaturgo, director de teatro, poeta e artista visual. Desde o ano 2007 vive e traballa en Vigo. Na actualidade, dirixe Anómico Teatro e a revista Núa. Como dramaturgo ten recibidos, entre outros, premios como "Teatro x la justicia", "El Espectáculo teatral", "Cuenca a escena" e "Pegada de Teatro radiofónico".