Volver

Nova xunta directiva da AAAG

Etiquetas:

O 17 de xuño, a Asemblea da AAAG elixiu unha nova xunta directiva. Estará encabezada como presidente por Vicente Mohedano. Na Vicepresidencia contaremos con Mabel Rivera, e Iria Sobrado asumirá a Secretaría.

Completan a Directiva AAAG como vogais das diversas comisións: Laura Míguez, Rebeca Montero, Ricardo de Barreiro, Guillermo Carbajo, Diego Freire e Federico Pérez. Unha mestura de caras novas e membros da directiva saínte que rexerá a vida da asociación os vindeiros dous anos co obxectivo principal de gañarmos influencia nos campos que atinxen á profesión de actores, actrices e directores e directoras teatrais no noso país.