Volver

Vicente Montoto, Premio de Honra Marisa Soto

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concédelle este ano a Vicente Montoto o Premio de Honra Marisa Soto, galardón que recoñece a longa traxectoria profesional deste intérprete, director e autor teatral e que lle será entregado durante a gala dos XIX Premios María Casares.

Para a directiva da AAAG, encargada de outorgar este galardón, Montoto é un pioneiro, forma parte dunha xeración que apostou dende o principio por facer un teatro do noso, feito en galego e profesionalizado. Destaca a paixón que amosou sempre en todas as facetas teatrais que desenvolveu ao longo da súa carreira e a súa xenerosidade. É un compañeiro xeneroso tanto na escena coma fóra dela, axuda os compañeiras e as compañeiras e axudaba a todas as personaxes que interpreta para que todo o traballo se desenvolvese coa mellor calidade para o público.

Nota de prensa