Volver

Obradoiro "Recursos na rede para actrices, actores e compañías afeccionadas e profesionais" en Lugo.

Etiquetas:

Este obradoiro ten como obxectivo proporcionar una visión global dos recursos que nos ofrece a rede. Nel aprenderemos a identificar cales son os espazos e as ferramentas que máis se axeitan á hora de divulgar o noso traballo, tanto individual como colectivamente.

Terá lugar o Venres 14 de Novembro de 18:30h a 22:30h no Museo Provincial de Lugo sito na Praza da Soidade, s/n, 27001 Lugo.

Catro horas de formación para todos aqueles usuarios da rede que queren saber cómo sacarlle partido. A intención do curso é que o usuario perda o medo a internet e ás redes sociais e aprenda a manexar os recursos que, de balde, están ao seu dispor para autopromocionarse.

As redes sociais, os diferentes formatos nos que dar a coñecer o noso traballo, os blogs, videoblogs, podcasts e as diferentes ferramentas para medir a nosa pegada na rede serán os eixos en torno aos que xire este curso.

Tedes todos os detalle da convocatoria aquí. Para inscrivirvos podedes enviar esta ficha de inscrición e enviala á caixa de correo info@aaag.es ou encher o formulario a continuación.(recibiredes un correo automático no mail inserido confirmando a recepción da vosa solicitude. No caso de non recibilo, comprobade a carpeta spam do voso correo, a solicitude non será correcta)