Volver

A AAAG asina un convenio de colaboración ca Área de Cultura da Deputación de Lugo

Etiquetas:

O presidente da AAAG, Avelino González, participou esta tarde xunto co delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, acompañados por diferentes actrices e actores tanto amadores como profesionais da provincia, na presentación das accións formativas Buxiganga.

O presidente da AAAG, Avelino González, participou esta tarde xunto co delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, acompañados por diferentes actrices e actores tanto amadores como profesionais da provincia, na presentación das accións formativas Buxiganga. O programa formativo está enmarcado dentro dun convenio de colaboración asinado hoxe entre ambas entidades e polo que a AAAG se compromete a traballar a prol da profesionalización do teatro lucense.

O programa formativo Buxiganga está inserido nun convenio de colaboración que se asinou esta mesma tarde entre ambas entidades, tendo como principal obxectivo colaborar na creación de estruturas profesionais no eido das artes escénicas, así como axudar a manter as xa existentes.

Con esta colaboración o Proxecto Teatral Buxiganga da un paso adiante e afiánzase como referente teatral da provincia tanto no eido amador coma no profesional. En palabras do deputado de Cultura, Mario Outeiro "o obxectivo último é que con esta nova andaina de colaboración coa AAAG agardamos que o gusto polo teatro en Lugo continúe a medrar, sabedores de que esta é tamén unha ferramenta para mudar o mundo no que vivimos, para conquerirmos unha sociedade máis xusta e solidaria”.

Deste xeito o programa formativo espallarase por todas as comarcas chegando a Mondoñedo, Sarria, Monforte e Lugo. Na cidade das murallas impartiranse os obradoiros de Redes sociais para actrices, actores, compañías afeccionadas e profesionais impartido pola empresa de comunicación Ganapán (14 de novembro), o obradoiro de dramaturxia RVB impartido por Paula Carballeira (ao longo de varios meses) xunto co obradoiro Be Crazy impartido por Marta Pazos da compañía galega Voadora (27, 28 de febreiro e 1 de marzo, 2015). En Sarria terá lugar un obradoiro de improvisación impartido polo actor Antón Coucheiro (15, 22 e 23 de novembro), en Mondoñedo Quico Cadaval ofrecerá un obradoiro de monólogos (13 e 14 de decembro). No sur da provincia, en Monforte, Mar Navarro impartirá o obradoiro Máscara Neutra (28, 29 e 30 de novembro) tanto para profesionais como afeccionados (por currículum vitae)

Preme aquí para descargar a nota de prensa