Volver

Charla ca AAAG no FITO

Etiquetas:

No marco das actividades paralelas do Festival internacional de Teatro de Ourense, FITO, convidámosvos a charlar sobre a situación do teatro en Galicia.

Que Teatro facemos? Que Teatro queremos? Como se fai teatro en Galicia?

Tomemos un café! Ou mellor unha infusión! Falemos, compartamos experiencias, soñemos xuntos e xuntas… A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e o FITO propoñemos nestes tempos duros, nesta época, un lugar de encontro para profesionais e todas aquelas persoas interesadas nas artes escénicas en Ourense e en Galicia.

Que supón producir un espectáculo profesional de teatro en Galicia? Como xestionamos unha paixón? Canto custa facer teatro? Como nos podemos financiar? Como facer visibles tantas horas de traballo, esforzo e ilusión? Facemos o teatro que queremos? O público quere o teatro que facemos? Moitas son as preguntas. Podemos atopar moitas respostas… ou ningunha. Seguramente atoparemos máis preguntas… Máis o importante é que nos atopemos nós. Tomamos un café?

Estades convidados a ese café o Venres 10 de Outubro ás 18:00 h. No Centro Cultural Marcos Valcárcel, na Rúa do Progreso 30 de Ourense