Volver

Obradoiro "Actores e Actrices na rede"

Etiquetas:

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca este obradoiro de 4 horas de duración para todos aqueles usuarios da rede que queren saber como sacarlle partido a nivel profesional.

A intención do curso é que o usuario perda o medo a internet e ás redes sociais e aprenda a manexar os recursos que, de balde, están ao seu dispor para se autopromocionar.

As redes sociais, os diferentes formatos nos que dar a coñecer o noso traballo, os blogs, videoblogs, podcasts e as diferentes ferramentas para medir a nosa pegada na rede serán os eixos en torno aos que xire este curso.

O obradoiro convócase en 3 cidades, o 9 de maio en Vigo, o 12 de Maio en Santiago de Compostela, e o 15 na Coruña.

Tedes os detalles nas convocatorias que podedes consultar nas seguintes ligazóns

Convocatoria_REDES_Vigo

Convocatoria_REDES_Santiago

Convocatoria_REDES_Corunha

Para facer a vosa inscrición podedes descargar esta ficha Ficha de Inscrición_Curso REDES e enviala xunto a o voso curriculo ao mail info@aaag.es ou completar o formulario de abaixo.

No caso de utilizar o formulario recibiredes un mail de confirmación no enderezo electrónico inserido e na páxina sairá un carteliño confirmando o envío. En caso de non recibir confirmación a inscrición non estará correcta