A gala poderase seguir en director por streaming na web da TVG ás 21.00 horas a través desta ligazón que estará operativa ao comezar a gala ás 21.00 horas. A TVG, pola súa segunda canle, emitará en diferido a gala ás 22.45.
Novas
Todas as novidades sobre os premios
O CGAI proxectará mañá martes coa colaboración da AAAG ‘O testamento de Orfeo’ en homenaxe a María Casares
A película de Jean Cocteau, que conta no elenco con María Casares,poderase ver de balde até completar o aforo ás 20.30 h. Aproxección enmárcase dentro das actividades paralelas que a AAAG organiza pola gala dos Premios de Teatro María Casares
Xulia Vicente ilustra o cartel dos Premios María Casares deste 2018
A AAAG busca fomentar as relacións creativas entre as artes escénicas e o mundo da ilustración. A partir desta edición, os María Casares pretenden contar coa colaboración de ilustradores e ilustradoras de recoñecido prestixio como Xulia Vicente, autora coa que iniciamos esta nova etapa.
A gala dos María Casares celebrará da man de Talía Teatro o corenta aniversario do teatro profesional en Galicia
O Teatro Rosalía Castro acollerá o mércores 21 de marzo unha cerimonia de entrega dirixida por Artur Trillo, cun elenco formado por Dani Trillo, Marta Lado, Marta Ríos, María Ordóñez, Xurxo Barcala, Toño Casais, Diego Rey e Rubén Prieto e o acompañamento do Coro Encaixe
Aldaolado lerán o Manifesto Galego do Teatro na gala dos XXII Premios María Casares
As dúas poetas definen o teatro como “a república da liberdade, o territorio onde podemos matar o rei, fundar unha acrópole de mulleres, brindar con santos e apóstolos”. O Manifesto tamén gaba “as teatreiras valentes que erguen a súa voz sen medo contra os abusos, contra o machismo, contra a inxustiza”
Talía Teatro conducirá a gala dos XXII Premios María Casares
A compañía, que neste 2018 cumpre 30 anos de traxectoria escénica, ofrecerá un espectáculo dirixido por Artur Trillo e protagonizado por Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Lado, Marta Ríos, Xurxo Barcala, Dani Trillo, María Ordóñez e Toño Casais. A cerimonia de entrega dos galardóns celebrarase o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña
Un total de 9 espectáculos acadan candidaturas finalistas nos XXII Premios de Teatro María Casares
A obra que acapara maior número de nomeacións é ‘Resaca’, de IlMaquinario Teatro, que aspira a 10 galardóns. Martes de Carnaval, do Centro Dramático Galego séguea de preto con 9 candidaturas. ‘A Cabeza do Dragón’ de Producións Teatráis Excéntricas e ‘Soño dunha noite de Verán’ de Voadora acadan 7 cada unha e ‘Elisa e Marcela’, de A Panadaría, obtén 6 candidaturas finalistas aos María Casares
O premio ao mellor espectáculo decidirase entre ‘Elisa e Marcela’, ‘Resaca’ e ‘Soño dunha noite de verán’, mentres que ‘A galiña azul’, de Tanxarina, ‘Outono’ de Pistacatro, e ‘Pum, Pum!’, de Baobab Teatro, competirán polo galardón ao mellor espectáculo infantilA AAAG homenaxea a Rosa Álvarez ao concederlle o Premio de Honra Marisa Soto
O galardón recoñece a traxectoria da actriz, auténtica pioneira do teatro profesional. Álvarez foi impulsora de iniciativas históricos como son a Agrupación Cultural Abrente, as primeiras Mostras de Ribadavia ou a propia AAAG, entidade da que é a asociada nº1
Un total de 32 espectáculos inscríbense nos XXII Premios de Teatro María Casares, que abren a súa primeira rolda de votacións
Aprimeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 12 de febreiro e del sairán os nomeados/as en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns