>>'Commedia', de Contraproducións, con 12 finalistas; 'Divinas Palabras Revolution', do Centro Dramático Galego, con 7, e 'A leituga', de Emedous, con 5, son os espectáculos que acaparan maior número de finalistas.
>> Estas tres montaxes disputaranse, ademais, o premio ao mellor espectáculo, mentres que 'Contos do recreo', de Redrum; 'PATAPATÚM', de Elefante Elegante' e 'A nena e o grilo máis aló', de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos, competirán polo galardón de mellor obra infantil