Volver

A Gala de entrega dos XVI Premios de Teatro María Casares na TVG

Mañá Martes 3 de Abril, a TVG retransmitirá a gala de entrega dos XVI Premios de Teatro María Casares a partir das 23:45, despois do episodio final da serie "Matalobos", nunha cita que é unha homenaxe ao mundo da escena e reunirá, unha vez máis, a profesionais e numerosos amigos. Un total de 40 nomeados nas 13 categorías dos premios aspiran á xerra coa efixie da actriz, que xa é unha icona para o mundo do teatro.