Volver

Un total de 38 espectáculos e máis de 300 profesionais inscríbense nos XX Premios de Teatro María Casares

O prazo de inscrición para os XX Premios de Teatro María Casares rematou a semana pasada. En total, 38 espectáculos e máis de 300 profesionais inscribíronse para esta edición tan especial, que será a vixésima edición duns galardóns que son o gran escaparate das teatro do país e un lugar de encontro para o conxunto de profesionais do sector.

A Gala dos Premios María Casares deste ano celebrarase o 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os galardóns contan con catorce categorías: maquillaxe, escenografía, vestiario, iluminación, texto orixinal, tradución/adaptación, actor secundario, actriz secundaria, actriz protagonista, actor protagonista, dirección, espectáculo infantil e espectáculo. Ademais, ao longo da gala entrégase o Premio de Honra Marisa Soto e lese o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro.

Aqui podes consultar a listaxe completa de inscritos.