Volver

Convocados os XIX Premios de Teatro María Casares

Un ano mais, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os Premios de Teatro María Casares, que alcanzan a súa XIX edición. A cerimonia de entrega terá lugar o 26 de Marzo de 2015 no Teatro Rosalía Castro de A Coruña.

Poderán participar todos os espectáculos de teatro de actor en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014.

Este ano temos unha novidade importante: a inclusión da categoría Mellor Espectáculo Infantil. A directiva e a Asemblea de asociad@s da AAAG consideraron positivo outorgar unha maior visibilidade a este tipo de espectáculos a partir desta edición dos Premios. En todo caso, @s profesionais participantes poderán optar ao resto dos premios nas categorías que lles correspondan.

As inscricións poderanse realizar a partir do 10 de decembro de 2014 ata o 3 de xaneiro de 2015 cubrindo este formulario deste texto ou enviando esta ficha e os materiais gráficos solicitados nela ao enderezo electrónico premiosmariacasares@aaag.es. Os Premios María Casares ríxense por estas bases e este regulamento

A convocatoria dos Premios María Casares procura a promoción do tecido teatral, un esforzo máis para situar o Teatro no lugar que merece dentro das Artes e da Cultura do noso país.