Volver

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os XVII Premios de Teatro María Casares

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) convoca unha ano mais os Premios de Teatro María Casares . Poderán optar a estes premios todas as producións galegas de teatro de actor feitas en lingua galega, estreadas en Galicia entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2012, así como todos os profesionais que participen nas montaxes comprendidas nese período de tempo.

Os premios concederanse nos seguintes apartados:

Maquillaxe Vestiario Iluminación Música orixinal Adaptación/Tradución Texto orixinal Escenografía Actor secundario Actriz secundaria Actor protagonista Actriz protagonista Dirección Espectáculo Premio de Honra Marisa Soto, á traxectoria persoal ou labor de promoción do teatro.*

*Outórgase este Premio no que se galardoa unha traxectoria ou labor, persoal ou colectivo, a prol da promoción do teatro galego. Este premio leva por denominación "Premio de Honra Marisa Soto" (en lembranza desta desaparecida actriz que tanto traballou polo movemento asociativo do teatro en Galicia) e decídese por deliberación e acordo maioritario da Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Os premios non terán dotación económica e consistirán nunca xerra de cerámica de Sargadelos homenaxe a actriz María Casares.

A partir do mércore 5 de Decembro poderán presentar as súas candidaturas todas as compañías a través da páxina web da AAAG http://aaag.es/?page_id=3842 O prazo de recepción de candidaturas remata o 2 de Xaneiro ás 15 h.

Estes galardóns, que este ano alcanzarán a súa decimosexta edición, daranse a coñecer nunha gala o 27 de Marzo de 2013 que terá lugar no Teatro Rosalía Castro da Coruña.