Volver
Lixo
Sinopse
Sempre a correr chegan Plié e Relevé ao teatro para mostrar a “Gran coreografía”.
O público xa está preparado para ver a función, elas colocan os seus tutús a música comeza a soar... pero, para a súa sorpresa, a súa escenografía non está no escenario!
En troques desta atopan unha montaña de plásticos.
E quen foi a que fixo,
esta montaña de lixo?
Estará a súa estrutura,
debaixo de tanta varredura?
Farán un espectáculo fantástico,
a partires de todo este plástico?
“Lixo”; unha obra en lingua galega, na que se pon de relevo unha das problemáticas do nosos días: o uso excesivo do plástico.
Na obra facémonos a seguinte cuestión: “onde vai parar todo o plástico que deixamos sen recoller?”
Lixo é un espectáculo no que se pon de relevo a imaxe e o espazo sonoro.
Grazas ao uso das luces, a plasticidade do material empregado e ao movemento conseguimos crear escenas de gran beleza visual, e grazas ao emprego de pareados conseguimos gran musicalidade nos textos.
As protagonistas son dúas bailadeiras moi peculiares que ademais de falar en pareado, móvense con pasos de ballet inventados e axúdanse das luces para crear diferentes atmosferas ao longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra.
A escenografía está creada a partires de plástico reciclado (rescatamos bolsas e diferentes plásticos de comercios, outros de uso cotiá e esqueletos de tendas de campaña). Esta idea partiu da mítica frase de La Bruja Avería : “La basura es cultura”.
Por iso fixemos cultura coa varredura.
Web:
http://www.obauldatiatola.comCandidaturas
- Espectáculo Infantil
- Actriz Protagonista : Soraya Paradela
- Actriz Protagonista : Anna Cañadillas
- Vestiario : La Canalla
- Iluminación : Óscar Mosquera
- Escenografía : O Baúl da tía Tola
- Texto Orixinal : O Baúl da tía Tola
- Dirección : Alfredo Rodríguez
- Espectáculo Infantil : Lixo
Compañía
O Baúl da tía Tola
Data estrea:
22/11/2019