Volver
Pura
Sinopse
A compañía OS NAUFRAGOS TEATRO, que este ano cumpre 20 anos, presenta o novo espectáculo PURA que realizou a estrea no Teatro Rosalía Castro en Febreiro 2021, baixo a dirección de Gustavo del Río cos intérpretes Denis Gómez, Rebeca Vecino, Nicolás Gaude e Sete Eiroa.
PURA fala dos nosos maiores. En concreto, a orixe da nosa peza, é a avoa Pura, familia do noso director, que serve coma fío condutor do espectáculo. Pura tamén está de aniversario, 94 anos, e o seu desexo é ir de novo a ver un filme ó Cine París de A Coruña. Un cine que xa non existe, un cine que agora é un Pull and Bear.
Pura fala de memoria histórica, das lembranzas que aínda perduran nas nosas avoas, da reminiscencia, dos lugares que un día foron parte da nosa vida e tamén, entra no conflito da especulación inmobiliaria e da destrucción do patrimonio cultural.
Queremos ter un recodo para todos os nosos maiores que xa non están con nos.
Web:
www.osnaufragosteatro.comCandidaturas
- Espectáculo
- Actor Secundario : Sete Eiroa
- Actor Secundario : Nicolás Gaude
- Actor Protagonista : Denis Gómez
- Actriz Protagonista : Rebeca Vecino
- Maquillaxe : Os Naúfragos teatro
- Vestiario : Juan Carlos Guerra
- Iluminación : Dani Pais
- Escenografía : Marisa De Laiglesia
- Texto Orixinal : Gustavo Del Río, Ismael G. Candal
- Dirección : Gustavo Del Río
- Espectáculo : Pura
Compañía
Os Naúfragos Teatro
Data estrea:
20/02/2021