Volver
As Virxes Salvaxes
Sinopse
As virxes salvaxes é unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden.
Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas até o final. Máis chegaron as présas e os apuros da cultura urbana e nela os maiores non teñen cabida, son un estorbo, é preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso.
Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución.
Aproveitando a entrada dunha nova interna que é levada alí pola súa filla que non pode atendela, varias internas comezan a cuestionar a institución non deixando nada en pé. A modo de metáfora da propia sociedade, as xentes de ben revélanse contra as imposicións absurdas e desmedidas. O caos que xeran pon a realidade contra as súas propias contradicións, creando situacións tremendamente divertidas. A comedia como factor de crítica ante unha realidade que cada vez se amosa máis pechada en si mesma.
De algún xeito, este espectáculo é unha homenaxe, se cadra un algo irreverente, aos nosos maiores máis revoltosos.
Web:
http://www.teatrodonoroeste.comCandidaturas
- Espectáculo
- Actor Secundario : Fernando Gónzalez
- Actriz Secundaria : Elina Luaces
- Actriz Secundaria : Rosa Álvarez
- Actriz Secundaria : Imma António
- Actriz Secundaria : Ana Santos
- Actriz Secundaria : Manuela Varela
- Actor Protagonista : Miguel Pernas
- Actriz Protagonista : Luma Gómez
- Maquillaxe : Equipo Taetro
- Vestiario : Luma Gómez
- Iluminación : Eduardo Alonso
- Escenografía : Equipo Taetro
- Texto Orixinal : Eduardo Alonso
- Dirección : Eduardo Alonso
- Espectáculo : As Virxes Salvaxes
Compañía
Teatro do Noroeste
Data estrea:
14/02/2020