ILLAS DESERTAS
Volver

Illas Desertas

Sinopse

¿Cal foi a túa última experiencia inútil? Illas desertas válese das experiencias e reflexións de dúas dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia  Earhart e da expedición antártica do explorador Ernest Shackleton. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural, polo seu camiño vital cara á utilidade desas cousas inútiles. Os protagonistas desta historia convidan ó público a través dos seus móbiles para subirse a bordo dunha expedición cara a unha illa deserta, que flota no espazo-tempo (no Pacífico, na Antártida, na Indonesia de hai 40.000 anos?). Esta viaxe fraccionada en etapas convértese nun acto poético e nunha experiencia, unha bela aventura contemporánea na que se mostra outro camiño, outra alternativa á competitividade e produtividade da sociedade actual atafegada polo éxito, as metas e a posesión de bens.

Web:

https://www.artesacia.com/illas-desertas

Candidaturas

  • Espectáculo
  • Actor Secundario : Héctor Pazos
  • Actriz Secundaria : Susana Méndez Álvarez
  • Actor Protagonista : Roi Fernández Alonso
  • Actriz Protagonista : Laura Villaverde Carrera
  • Maquillaxe : Esther Quintas Salgado
  • Vestiario : Esther Quintas Salgado, Laura Villaverde e Roi Fernández
  • Iluminación : Héctor Pazos
  • Escenografía : Esther Quintas Salgado, Laura Villaverde e Roi Fernández
  • Música Orixinal : Héctor Pazos e Roi Fernández
  • Texto Orixinal : Laura Villaverde e Roi Fernández
  • Dirección : Laura Villaverde e Roi Fernández
  • Espectáculo : Illas Desertas

Compañía

Artesa Cía

Data estrea:

23/03/2021

Contacto

Descargar programa