Volver
Carpe diem
Sinopse
CARPE DIEM é a atrevida tentativa de converter en teatro un dos mais excitantes contos
do maior autor vivo na nosa língua: Rubem Fonseca.
A anécdota é cinematográfica: Unha muller e un home coñecense nunha previsíbel festa
de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous son casados. Con outras persoas. Un
caso de adulterio entre persoas da clase alta. A rotina dos amantes consiste en cinema de
barrio e motel barato, moi lonxe do seu ambiente É unha aventura imaxinaria nun motel co ar
condicionado avariado. Entre a fantasia do cinema e as obrigas conxugais desenvolvese este
drama escaldante. En palco aparecerán o autor, manipulando as suas pequenas criaturas
como se fosen ratos de laboratorio, os dous amantes, e un músico, ennobrecendo con
aveludadas melodías o frívolo affaire. Non debiamos dicilo, mais todos estes asuntos, acaban
por confluir nun crime. Por causa da moi daniña influencia do cinema. Porque do que se come,
criase.
Web:
http://www.excentricas.netCandidaturas
- Espectáculo
- Actor Secundario : Víctor Mosqueira
- Actor Secundario : Mon Orencio
- Actor Protagonista : Marcos Vieitez
- Actriz Protagonista : María Costas
- Vestiario : Uxía Vaello
- Iluminación : Octavio Más
- Escenografía : Ana Seoane
- Música Orixinal : Mon Orencio
- Adaptación/Tradución : Quico Cadaval
- Dirección : Quico Cadaval
- Espectáculo : CARPE DIEM
Compañía
Producións Teatrais Excéntricas SL
Data estrea:
28/02/2019