CARPE DIEM 01
Volver

Carpe diem

Sinopse

CARPE DIEM é a atrevida tentativa de converter en teatro un dos mais excitantes contos do maior autor vivo na nosa língua: Rubem Fonseca. A anécdota é cinematográfica: Unha muller e un home coñecense nunha previsíbel festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous son casados. Con outras persoas. Un caso de adulterio entre persoas da clase alta. A rotina dos amantes consiste en cinema de barrio e motel barato, moi lonxe do seu ambiente É unha aventura imaxinaria nun motel co ar condicionado avariado. Entre a fantasia do cinema e as obrigas conxugais desenvolvese este drama escaldante. En palco aparecerán o autor, manipulando as suas pequenas criaturas como se fosen ratos de laboratorio, os dous amantes, e un músico, ennobrecendo con aveludadas melodías o frívolo affaire. Non debiamos dicilo, mais todos estes asuntos, acaban por confluir nun crime. Por causa da moi daniña influencia do cinema. Porque do que se come, criase.

Web:

http://www.excentricas.net

Candidaturas

  • Espectáculo
  • Actor Secundario : Víctor Mosqueira
  • Actor Secundario : Mon Orencio
  • Actor Protagonista : Marcos Vieitez
  • Actriz Protagonista : María Costas
  • Vestiario : Uxía Vaello
  • Iluminación : Octavio Más
  • Escenografía : Ana Seoane
  • Música Orixinal : Mon Orencio
  • Adaptación/Tradución : Quico Cadaval
  • Dirección : Quico Cadaval
  • Espectáculo : CARPE DIEM

Compañía

Producións Teatrais Excéntricas SL

Data estrea:

28/02/2019

Contacto

Descargar programa