Melania Cruz
Volver

O Empapelado Amarelo

Sinopse

O empapelado amarelo é un espectáculo teatral unipersoal que parte do relato autobiográfico homónimo publicado en 1891 pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman. Nel narra, en primeira persoa, as perniciosas consecuencias dun tratamento médico que lle fora diagnosticado por un coñecido doutor da época para combater o estado melancólico e depresivo no que se atopaba a  raíz do nacemento da súa primeira filla. Este tratamento consistía basicamente na eliminación de todo tipo de actividade intelectual e creativa, nunha dieta hipercalórica e nun encerro case total no seu fogar. Este remata por converterse nun cárcere onde ela, acostumada a unha intensa actividade social e artística,  acabaría por achegarse ao abismo da existencia e ao límite da súa cordura. A autora utiliza as claves do relato de terror gótico para denunciar os mecanismos de represión propios do heteropatriarcado sobre as mulleres da súa época, privadas de todo tipo de voz pública e pechadas nun sistema que as facía plenamente dependentes dos seus esposos. Rebélase así, sen concesións, contra as convencións da época, apostando por unha radical liberación da muller do xugo masculino e unha defensa da necesidade de conformarse como suxeitos de pleno dereito, empoderándose de xeito absoluto. Dende A Quinta do Cuadrante (novo proxecto escénico de Melania Cruz e Tito Asorey) eleximos esta historia como punto de partida para a creación dun espectáculo que dialogue, dende o noso século XXI, coas palabras da autora, reflexionando escénicamente sobre a necesidade de continuar, 150 anos despois da súa publicación, coa loita incesante pola liberdade da muller e pola defensa da creatividade e a imaxinación como elementos indispensables para a construción dunha personalidade completa. 

Web:

http://www.aquintadocuadrante.com

Candidaturas

  • Espectáculo
  • Actriz Protagonista : Melania Cruz
  • Vestiario : Renata Uzal
  • Iluminación : Laura Iturralde
  • Escenografía : Laura Iturralde
  • Música Orixinal : Xavier Bértolo
  • Adaptación/Tradución : Tito Asorey e Melania Cruz
  • Dirección : Tito Asorey
  • Espectáculo : O Empapelado Amarelo

Compañía

A Quinta do Cuadrante

Data estrea:

27 de Xaneiro de 2019

Contacto

Descargar programa