Alerta! Alerta!
Volver

Despois das Ondas

Sinopse

Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral. A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María? Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

Web:

https://butacazero.net/espectaculo/despois-das-ondas/

Candidaturas

  • Espectáculo
  • Actriz Secundaria : Sonsoles Cordón
  • Actriz Protagonista : Belén Constenla
  • Actriz Protagonista : Nerea Brei
  • Maquillaxe : Carlos Pinilla
  • Vestiario : Carlos Pinilla
  • Iluminación : Javi Quintana
  • Escenografía : Beatriz de Vega e Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo)
  • Adaptación/Tradución
  • Texto Orixinal : Ernesto Is
  • Dirección : Xavier Castiñeira
  • Espectáculo : Despois das Ondas

Compañía

ButacaZero

Data estrea:

03/05/2019

Contacto

Descargar programa