Foto promo Ummm!!
Volver

Ummm!! Unha comedia musical... para chupar os dedos

Sinopse

Á pastelaría de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, Dona Remedios, decide contratar a un novo axudante capaz de aportar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes día. O problema é que , as veces, esas novas ideas da cociña moderna poida entrar en conflito co bo facer máis clásico de Ana. Voces en directo, Tap Dance , unha imaxe coidada e o humor son os ingredientes da nova  comedia musical de Teatro Avento Producións. Misturando estos ingredientes quérese transmitir unha mensaxe clara: a importancia do traballo en equipo e da educación no diferente porque non só o que coñecemos é o mellor. Temos que aprender a apreciar a variedade do noso mundo e a abrir a nosa mente porque as cousas non son só como nos pensamos que deben ser.

Web:

http://www.teatroavento.com

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil
  • Actor Protagonista : Martín Maez
  • Actriz Protagonista : Rocío Salgado
  • Maquillaxe : Teatro Avento Producións
  • Vestiario : Teatro Avento Producións
  • Iluminación : Javier Quintana
  • Escenografía : José Faro "Coti"
  • Música Orixinal : Martín Maez , Jonathan Caramés, Xoan Abreu e Anxo Fernández
  • Texto Orixinal : Martín Maez
  • Dirección : Xoan Abreu
  • Espectáculo Infantil : Ummm!! Unha comedia musical... para chupar os dedos

Compañía

Teatro Avento Producións

Data estrea:

03/02/2019

Contacto

Descargar programa