A primeira vez 1
Volver

A primeira vez

Sinopse

É a décima vez que soa o teléfono na metade da noite. Despois de atravesar a cidade horriblemente iluminada, no medio da chuvia, deambular entre bloques de vivendas, atopar o edificio, a escaleira, o piso e a porta...el e ela confróntanse de novo para trazar o itinerario da súa primeira vez. Defendida a toda costa por el, sabotada polas constantes saídas de ton dela, querendo e non; un asúmea como feito necesario, oportuno e desexado, pero intranscendente, mentres que a outra ansía unha primeira vez perfecta, resultado dunha decisión moi meditada, ata o extremo. A primeira vez conta polo tanto a primeira relación sexual de Mada e Carlos. Unha relación na que ela oficia de directora e guionista da historia, quen planea o encontro perfecto, coidado e medido ata o último detalle; e el, que se converterá no seu fiel actor. A infinita repetición e o eterno ensaio pasan a ser o motor da relación.

Web:

http://taliateatro.gal/gl/espectaculos/primeira-vez

Candidaturas

  • Espectáculo
  • Actor Protagonista : Toño Casais
  • Actriz Protagonista : María Ordóñez
  • Maquillaxe : Martina Cambeiro
  • Vestiario : Martina Cambeiro
  • Iluminación : Dani Trillo
  • Escenografía : Dani Trillo
  • Adaptación/Tradución : Artur Trillo
  • Dirección : Artur Trillo
  • Espectáculo : A primeira vez

Compañía

Talía Teatro

Data estrea:

29/03/2019

Contacto

Descargar programa