Fariña
Volver

Fariña

Sinopse

Fariña non permite ao espectador nin acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga suceden conversas entre rapaces e veciños das vilas falando, mercando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha. O elenco de actores entran e saen da escea meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercancía a escondidas... O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade. De pronto, en escea, escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro. E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia. En forma de nais, rapaces afundidos e, por fin, operacións policiais. Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao saír do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

Web:

http://www.farina.gal

Candidaturas

  • Espectáculo
  • Actor Protagonista : Xosé Antonio Touriñán
  • Actor Protagonista : Marcos Pereiro
  • Actor Protagonista : Sergio Zearreta
  • Actriz Protagonista : María Vázquez
  • Actriz Protagonista : Cris Iglesias
  • Maquillaxe : Carmen Blanco
  • Vestiario : Ruth D. Pereira
  • Iluminación : Laura Iturralde
  • Escenografía : José Faro "Coti"
  • Música Orixinal : Novedades Carminha, Santi Jul, Iván Laxe e Sergio Zearreta
  • Adaptación/Tradución : José L. Prieto, Nacho Carretero
  • Dirección : Tito Asorey
  • Espectáculo : Fariña

Compañía

Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media

Data estrea:

25/10/2019

Contacto

Descargar programa