Volver
Sofía e as Postsocráticas
Sinopse
Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partires de tres personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres) trataremos de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que poidamos facer o cálculo do que é ou o que non é violencia machista. Xunto coas personaxes e mediante o emprego de máscaras, a dramaturxia conta tamén con elementos audiovisuais e sonoros que axudarán na reflexión de cal é a nosa responsabilidade como sociedade ante este tema. O pacto patriarcal, o silencio como resposta, o valor ontolóxico, o victim blaming (culpabilizar á vítima), a negación ou o síndrome espectador son os fíos argumentais polos que transitan as nosas personaxes.
Web:
http://www.inversateatro.comCandidaturas
- Espectáculo : Sofía e as Postsocráticas
- Actriz Secundaria : Marta Pérez
- Actriz Protagonista : María Roja
- Actriz Protagonista : Silvia Penas
- Iluminación : Ángel Sousa
- Escenografía : Montse Piñeiro, Laura Iturralde, Gonzalo Alonso
- Música Orixinal : Jesús Andrés Tejada
- Texto Orixinal : Marta Pérez, Silvia Penas, María Roja
- Dirección : Marta Pérez, Santi Romay
Compañía
Inversa Teatro
Data estrea:
05-12-2018