PLANO MEDIO
Volver

Cinco minutos sen respirar

Sinopse

A Margarita acaban de despedila do seu traballo no banco e vai refuxiarse ao supermercado, non só preocupada polo seu despido, senón tamén fuxindo dunha relación tormentosa que iremos coñecendo pouco a pouco entre decenas de citas literarias. Víctor é supervisor do supermercado e coñeceu a Margarita recentemente como usuario do banco. Ambos personaxes mergúllanse nunha conversa sobre as súas vidas, os seus desexos e os seus medos, mentres parecen ficar atrapados na tenda. Cinco minutos sen respirar retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex)empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado. A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe. Cinco minutos sen respirar, fala da vida, dos abusos bancarios, do amor, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia… e de tantas outras cousas, que non da tempo a resumilas en cinco parágrafos.

Web:

http://itacateatro.com/cinco-minutos-sen-respirar/

Candidaturas

  • Espectáculo : Cinco minutos sen respirar
  • Actor Protagonista : Carlos Rebolo
  • Actriz Protagonista : Elea López
  • Vestiario : Diego Valeiras
  • Iluminación : Juan Rivas
  • Escenografía : Diego Valeiras
  • Música Orixinal : David Alonso Garzón
  • Adaptación/Tradución : Rubén Pérez Pombo
  • Dirección : Carlos Neira

Compañía

Ítaca Teatro

Data estrea:

15-12-2018

Contacto

Descargar programa