Servidor de dous amos
Volver

O servidor de dous amos

Sinopse

Talía teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte, atoparedes aquí unha reinvención da obra de Goldini que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero que busca tamén incorpora novas formas de teatralidade. No noso atrevemento non facemos outra cousa que intentar respectar o verdadeiro espírito da Commedia dell’Arte, do teatro renacentista italiano: a procura da innovación polo uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do “espectáculo total”, unha obra que sexa capaz de deixar abraiado a todo o público presente. Así como a Commedia dell’Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos urbanísticos, nobres e mandatarios trocan en empresarios e políticos, e a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz coma divertido. Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo onde todo será posible, no que a mentira e a confusión serán a base do xogo e os distintos espazos mudarán á vista do espectador, para rir de todo e de todos, ata de nós mesmos.

Web:

http://taliateatro.gal/gl/espectaculos/o-servidor-dous-amos

Candidaturas

  • Espectáculo : O servidor de dous amos
  • Actor Secundario : Toño Casais
  • Actor Secundario : Xurxo Barcala
  • Actor Secundario : Diego Rey
  • Actor Secundario : Artur Trillo
  • Actriz Secundaria : Marta Lado
  • Actriz Secundaria : Marta Ríos
  • Actriz Secundaria : María Ordóñez
  • Actor Protagonista : Dani Trillo
  • Maquillaxe : Martina Cambeiro
  • Vestiario : Martina Cambeiro
  • Iluminación : Diego Valeiras
  • Escenografía : Diego Valerias
  • Adaptación/Tradución : Diego Rey
  • Dirección : Diego Rey

Compañía

Talía Teatro

Data estrea:

14/02/2018

Contacto

Descargar programa