Orquestra de Malabares
Volver

Orquestra de Malabares

Sinopse

PISTACATRO presenta o seu novo espectáculo "Orquestra de Malabares", un dos proxectos máis orixinais e suxerentes no eido escénico en Galicia. Aunando os dous mundos nun mesmo escenario coma son o CIRCO e a MÚSICA da man de 6 malabaristas e unha treintena de músicos que conforman a Banda Municipal de Música da Coruña. Tradición e Innovación unidos nun mesmo proxecto único en todo o Estado e pioneiro. Á semellanza do fume, o circo, na súa evolución xeométrica cara o futuro, penetra por todas as portas, ventás e fendas do panorama escénico. Neste caso ocupa os espazos baleiros entres os atrís e as cadeiras dos músicos dunha banda municipal. Orquestra de malabares é un espectáculo que pon en escena a seis malabaristas e unha banda municipal. Unha relación entre música e circo. Clarinetes, saxos e trompetas son os pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxan no aire os sentimentos e emocións que transmite a música e o circo. A banda municipal e os seus músicos, fora da súa zona de confort, participan, case como actores, dun espectáculo teatral tocando temas e estilos fora do común.

Web:

http://www.pistacatro.com/gl/

Candidaturas

  • Espectáculo : Orquestra de Malabares
  • Actor Protagonista : Daniel Sánchez
  • Actor Protagonista : Guillermo Porta Gómez
  • Actor Protagonista : Arturo Cobas
  • Actor Protagonista : Aitor Garuz
  • Actor Protagonista : Santiago Montero
  • Actriz Protagonista : Dulce Duca
  • Vestiario : Uxia Pereiro Vaello
  • Iluminación : RTA
  • Escenografía : Pistacatro
  • Música Orixinal : Manuel Paino
  • Dirección : Pablo Reboleiro

Compañía

Pistacatro Produtora de Soños

Data estrea:

09/04/2018

Contacto

Descargar programa