Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena
Volver

Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena

Sinopse

Unha rapariga, Nmógadah, vese abandonada no medio dunha guerra, sen mais compañía que as bombas e o asubio das balas. A protagonista foxe da morte e bótase a un camiño no que non poderá distinguir os inimigos dos amigos. Unha odisea na que Nmógadah atravesará sinistras grutas e vertixinosas montañas, florestas musicais e mares tenebrosos, o pesado sofrimento da cadea e a levisima ensoñación da liberdade. Nesta aventura vai axudada polo Mestre Lionel e unhas criaturas prodixiosas que desafían a lei da gravidade: os artistas do circo. Acompañémola neste arriscado camiño de regreso á república de Arnoia! Existirá realmente Arnoia, ou será un deses paises soñados que desaparecen ao pasar a adolescencia. A compañia Pistacatro presenta así o que é o seu novo proxecto Arnoia Arnoia: o Circo da Casa Pequena en coprodución co CDG. Un espectáculo de teatro-circo dirixido por Quico Cadaval e que está baseado na peza de Arnoia Arnoia de Méndez Ferrín e no imaxinario do autor.

Web:

http://www.pistacatro.com/gl/

Candidaturas

  • Espectáculo : Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena
  • Actor Secundario : Alvaro Reboredo
  • Actor Secundario : Aitor Garuz
  • Actor Secundario : Pablo Reboleiro
  • Actriz Secundaria : Beatriz Rubio
  • Actriz Protagonista : Anxela Blanco
  • Maquillaxe : Fany Bello
  • Vestiario : Carlos Alonso
  • Iluminación : Baltasar Patiño
  • Escenografía : Baltasar Patiño
  • Adaptación/Tradución : Quico cadaval
  • Dirección : Quico Cadaval

Compañía

Pistacatro Produtora de Soños

Data estrea:

11/10/2018

Contacto

Descargar programa