Volver
Cinco mulleres que comen tortilla
Sinopse
Ano 1956, América. A Sociedad de Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein celebra o seu tradicional concurso anual de tortillas. Este idílico encontro, no que renderán culto a un dos produtos máis marabillosos do mundo: o ovo, vese truncado cando as mulleres teñen que enfrontarse á caída dunha bomba atómica na súa localidade. Son as últimas superviventes e o medo trae confesións e historias do pasado que farán que cada vez se reafirmen máis na idea de que a tortilla é o máis importante que teñen nas súas vidas.
Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que destaca pola reivindicación dos principios do colectivo LGBTI e das mulleres homosexuais a través do humor. A liberdade, a relixión, o feminismo, as moralidades o medo ao descoñecido son os motores desta obra na que se integra ao público desde que entran pola porta asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein.
Web:
http://www.senorasupina.comCandidaturas
- Espectáculo : Cinco mulleres que comen tortilla
- Actriz Secundaria : Nola Drake
- Actriz Protagonista : Laura Quintas
- Vestiario : Vanesa Regengo e Javier Lojo
- Iluminación : Vanesa Regengo
- Escenografía : Vanesa Regengo
- Adaptación/Tradución : Javier Lojo
- Dirección : Javier Lojo
Compañía
Señora Supina
Data estrea:
05/04/2018