Cinco mulleres que comen tortilla
Volver

Cinco mulleres que comen tortilla

Sinopse

Ano 1956, América. A Sociedad de Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein celebra o seu tradicional concurso anual de tortillas. Este idílico encontro, no que renderán culto a un dos produtos máis marabillosos do mundo: o ovo, vese truncado cando as mulleres teñen que enfrontarse á caída dunha bomba atómica na súa localidade. Son as últimas superviventes e o medo trae confesións e historias do pasado que farán que cada vez se reafirmen máis na idea de que a tortilla é o máis importante que teñen nas súas vidas. Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que destaca pola reivindicación dos principios do colectivo LGBTI e das mulleres homosexuais a través do humor. A liberdade, a relixión, o feminismo, as moralidades o medo ao descoñecido son os motores desta obra na que se integra ao público desde que entran pola porta asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein.

Web:

http://www.senorasupina.com

Candidaturas

  • Espectáculo : Cinco mulleres que comen tortilla
  • Actriz Secundaria : Nola Drake
  • Actriz Protagonista : Laura Quintas
  • Vestiario : Vanesa Regengo e Javier Lojo
  • Iluminación : Vanesa Regengo
  • Escenografía : Vanesa Regengo
  • Adaptación/Tradución : Javier Lojo
  • Dirección : Javier Lojo

Compañía

Señora Supina

Data estrea:

05/04/2018

Contacto