Sombra do que fun
Volver

Os Límites do Frío

Sinopse

“O meu nome é Manolo Sollans Pena, e se vivo na rúa é por moitas razóns, por moitas...”. Cando vemos a alguén pola rúa pedindo sempre prexulgamos que fracasou economicamente, que está aí por algunha adición descontrolada ou por moitas razóns que cremos alleas a nós e pensamos “Se está aí será porque o merece”. Manolo vive na rúa, estaba canso da súa vida, estaba canso de ver as inxustizas do día a día e sentíase atormentado polo seu pasado que quere esquecer. “Eu busco a liberdade, pero non esa liberdade da que falaban os meus”. El seguiu paso por paso o que sempre lle dixeron que era correcto, fixo sempre o que se esperaba de el, e fíxoo moi ben, pero iso non o facía feliz, facíao sentirse desgraciado “Eu tiña unha vida ben montada e eu decidín desmontala”. Está na rúa buscando esa liberdade, pero o desprezo que vive no día a día, pola súa condición de mendigo, e a recente morte do seu can fanlle sentir que é hora de facer algo, de dar unha lección. E por iso decide entrar nun teatro a contar a súa historia. “Aquí ídesme escoitar, ides escoitar esa historia que aí fora non podo contar porque ninguén me escoita, pero hoxe ídesme escoitar”. Quere demostrarlle a xente que todas as persoas son igual de dignas, e todos merecemos ser respectados por igual. Que o individualismo e a falta de empatía é un erro que deshumaniza a sociedade. A sorte non é igual para todos por iso o fracaso non pode ser motivo de desprezo. E coidado, porque a sorte de calquera pode cambiar de súpeto e nun abrir e pechar de ollos podes pasar a vivir a vida dese ao que desprezaches por crerte máis ca él, por crer que a ti iso non che vai pasar. “Non ser capaz de ver a través dos ollos dun alleo é un fracaso no xogo da vida”. Por iso Manolo entra furtivamente nun teatro, encerra nel aos espectadores alí presentes e crea o espectáculo da súa vida, e nunca mellor dito porque fai un percorrido por todos os seus recordos, comezando polos máis recentes percorrendo un camiño temporal a inversa por todas esas vivencias que marcaron e forxaron a súa existencia. Xogando coa comedia, o drama o xénero musical, o teatro físico e, sobre todo, a reflexión. Manolo descubre, durante este percorrido, que a súa foi unha boa vida, que estaba moi equivocado e fora un inconsciente ao pensar, durante tanto tempo, o contrario. O autoengano estaba acabando coa súa existencia. “Agora doume conta de que a felicidade depende moito do punto de vista e eu centreime no negativo e iso case me destrúe, por iso a partir de agora vou a soñar de día, porque as noites están para descansar”.

Web:

https://www.facebook.com/CoTeatro/

Candidaturas

  • Espectáculo : Os límites do frío
  • Actor Protagonista : Alejandro carro
  • Iluminación : Alberto Casas
  • Texto Orixinal : Lois Blanco e Alejandro Carro
  • Dirección : Lois Blanco

Compañía

CoTeatro

Data estrea:

8 de abril de 2017

Contacto

Descargar programa