salvador neón
Volver

Salvador

Sinopse

SALVADOR é un proxecto escénico da Cía. Borja Fernández para un actor/músico e unha video jockey/manipuladora de obxectos, sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros. 1.2.2 Temática SALVADOR céntrase na figura dos avós, concretamente nos avós galegos emigrados a mediados do século pasado a Suramérica, e específicamente na misteriosa figura de Benito Fernandes Meirinho, e no seu o impacto na historia recente, na configuración das comunidades, familias e individuos contemporáneos. 1.2.3 Xénero SALVADOR está a metade de camiño entre o documental e a ficción teatral, con especial énfasis na combinación de texto, movemento, música en directo, e novas tecnoloxías. 1.2.4 Apoios SALVADOR é o resultado dun proceso de investigación de dous anos sobre a emigración a Brasil, e conta có apoio en residencia das seguintes entidades, centros de exhibición e compañías de artes escénicas:

Web:

https://www.borjafernandez.es/salvador/

Candidaturas

  • Espectáculo : Salvador
  • Actor Protagonista : Borja Fernández
  • Vestiario : Uxía Vaello
  • Iluminación : Laura Iturralde
  • Escenografía : Borja Fernández, Uxía Vaello e Laura Iturralde
  • Música Orixinal : Borja Fernández, Pálida, Rosvita
  • Texto Orixinal : Borja Fernández e Manuel Cortés.
  • Dirección : Borja Fernández e Uxía Vaello.

Compañía

Cía. Borja Fernández

Data estrea:

2/6/17

Contacto