Soño dunha noite de verán. Titania e Bottom
Volver

Soño dunha noite de verán

Sinopse

Aquí sempre é verán, fai calor e non conseguimos facer máis nada que beber gin-tonics e bailar ata caer na herba. Esta historia fala, por encima de todo, da liberdade de escoller. Escoller onde perderse, escoller a quen amar, escoller que facer co teu corpo. Fala da identidade, da mirada, doutras formas de ler a pel. Os amantes transfórmanse constantemente nesta versión feroz do chileno Marco Layera dirixida pola pictórica ollada de Marta Pazos. Transfórmanse con violencia. Correndo libres por un bosque de límites flexibles, unha floresta aberta á diversidade de xénero. Vagando perdidos entre o día e a noite, o humano e o animal, a realidade e a ficción, o masculino e o feminino, entre a vixilia e o soño. Un soño lisérgico no que os baixos instintos gobernan o mundo e no que a beleza sempre oculta intencións perigosas. Esta é unha comedia sobre o amor, a dor, a paixón, o sexo, os desencontros e o poder. É unha comedia sobre ti e sobre min. Porque xa fomos cazadores e xa fomos presas. Así nos pasamos a vida: amando, sendo amados, rexeitando, conquistando... E que outra cousa podemos facer neste bosque e con esta calor?

Web:

https://www.voadora.es/sueno-de-una-noche-de-verano

Candidaturas

  • Espectáculo : Soño dunha noite de verán
  • Actor Secundario : Hugo Torres
  • Actor Secundario : Jose Díaz
  • Actriz Secundaria : Areta Bolado
  • Actriz Secundaria : Andrea Quintana
  • Actriz Secundaria : Paris Lacryma
  • Actor Protagonista : Borja Fernández
  • Actor Protagonista : Diego Anido
  • Actriz Protagonista : Janet Novás
  • Actriz Protagonista : Anaël Snoek
  • Maquillaxe : Fany Bello
  • Vestiario : Fany Bello
  • Iluminación : Rui Monteiro
  • Escenografía : Marta Pazos
  • Música Orixinal : Hugo Torres e Jose Díaz
  • Adaptación/Tradución : Marco Layera
  • Dirección : Marta Pazos

Compañía

Voadora

Data estrea:

11-02-2017

Contacto

Descargar programa