Olimpiadas
Volver

na butaca. fantasía nº3 en Dor Maior

Sinopse

na butaca nace da convivencia persoal con persoas afectadas de demencia senil. sther f. carrodeguas [dramaturxia – dirección] e pepa barreiro [interpretación] xúntanse para, dende o amor, falar en escena dunha realidade tan marxinal como habitual. do encontro nace un texto tan poético como optimista, aínda que tamén duro por momentos. a obra, partindo da idea do vivir no presente desa personaxe que estaría esquecida -perdida do seu pasado e do seu futuro- achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; felicidade ou rabia. E xunto a ela imos do cómico ao escatolóxico pasando polo transcendente. na butaca tamén, remata por ser un alegato –poético- a favor da vida vivida no presente. Ao fin e ao cabo, quen non pensou algunha vez que o esquecemento nos faría máis felices?

Web:

http://butacazero.wixsite.com/galego/copia-de-na-butaca

Candidaturas

  • Espectáculo : na butaca. fantasía nº3 en Dor Maior
  • Actriz Secundaria : Esther F. Carrodeguas
  • Actriz Protagonista : Pepa Barreiro
  • Vestiario : Esther F. Carrodeguas
  • Iluminación : Laura Iturralde
  • Escenografía : Esther F. Carrodeguas
  • Texto Orixinal : Esther F. Carrodeguas
  • Dirección : Esther F. Carrodeguas

Compañía

ButacaZero

Data estrea:

21/09/2017

Contacto

Descargar programa