Volver
na butaca. fantasía nº3 en Dor Maior
Sinopse
na butaca nace da convivencia persoal con persoas afectadas de demencia senil.
sther f. carrodeguas [dramaturxia – dirección] e pepa barreiro [interpretación] xúntanse para, dende o amor, falar en escena dunha realidade tan marxinal como habitual. do encontro nace un texto tan poético como optimista, aínda que tamén duro por momentos.
a obra, partindo da idea do vivir no presente desa personaxe que estaría esquecida -perdida do seu pasado e do seu futuro- achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; felicidade ou rabia. E xunto a ela imos do cómico ao escatolóxico pasando polo transcendente.
na butaca tamén, remata por ser un alegato –poético- a favor da vida vivida no presente. Ao fin e ao cabo, quen non pensou algunha vez que o esquecemento nos faría máis felices?
Web:
http://butacazero.wixsite.com/galego/copia-de-na-butacaCandidaturas
- Espectáculo : na butaca. fantasía nº3 en Dor Maior
- Actriz Secundaria : Esther F. Carrodeguas
- Actriz Protagonista : Pepa Barreiro
- Vestiario : Esther F. Carrodeguas
- Iluminación : Laura Iturralde
- Escenografía : Esther F. Carrodeguas
- Texto Orixinal : Esther F. Carrodeguas
- Dirección : Esther F. Carrodeguas
Compañía
ButacaZero
Data estrea:
21/09/2017